Selecta.
- En primeiro lugar, sen ningúna dúbida, aquela primeira ESO onde pasaban de curso suspendendo todo. Xenial. Dificilmente superable.
- En segundo lugar, un clásico dende Valencia, que parece que cobra outra vez protagonismo: a educación para a cidadanía en inglés con dous profesores por aula, onde un repite o que di o outro. En tempos de crise, onde se recortan plantillas. Dous profesores por asignatura e grupo. Esperpento.
- De recente aparición e escalando posicións, a reforma da promoción dos alumnos en segundo de bacharelato, que tan ben explica Luis. Caos.
- Seguimos coa reforma do bacharelato para o vindeiro ano. Relixión ou hora de alterne en 2º. Festa rachada (nun curso no que o que non sobra e tempo precisamente)
- Entrando forte na lista esta mesma semana, a enquisa aos pais sobre o uso do galego no ensino. Chapuza.
Como pode ser que fóra da Gallaecia non se coñeza moi ben como foi todo este proceso, intentarei explicalo.
Tiñamos aquí, ou polo menos parecía, un consenso xeneralizado no que atingue ao uso da lingua. Un plan de normalización aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia por todas as forzas políticas (2004) e un decreto posterior do 2007. Pretendíase con iso que os alumnos recibisen alomenos o 50% das materias en galego, para que así fosen plenamente competentes nas dúas linguas oficiais. E non había problema ningún.
E nestas chegaron os políticos. E houbo algún que quixo aprenderlles o himno galego aos parvuliños e outros que para gañar unhas eleccións fixeron de emperatríz Sisí (ou sexa, dixeron a todo e a todos que si, si).
Esta semana chegaron as enquisas aos centros, unhas enquisas que non están a ter ningún tipo de control. Que xa as vimos tiradas polos corredores, que as pode cubrir quen queira, mesmo os alumnos. Que teñen unhas preguntas que chaman ao engano. Que permiten que unha familia de tres fillos teña 3 votos, etc. E o peor de todo e que Galicia conta cun
instituto estatístico oficial, que ben se podería ter encargado de todo isto, e máis cando se fala de que todo este proceso custou arredor dos 50 millóns das antigas pesetas (Crise, que crise!)
Porque, a ver, como é posible que se poñan de acordo a
asociación de directores dos centros, o
s sindicatos, a
Real Academia Galega,
as universidades, senón é porque estamos diante dunha monumental chapuza?
Como se pode deixar á marxe ao profesorado nunha cuestión relativa ao proceso de ensino?
E por se fose pouco a Inspección prohibiunos aos centros informar aos pais da nosa opinión. Máis ben intentou prohibir, como fixeron tamén (e non conseguiron) no caso do Prestige.
No
noso centro enviamos
un comunicado aos pais xunto coa enquisa, dándolles a nosa opinión sobre todo o proceso. Por unanimidade (nun Claustro unanimidade!!)
E o que nos queda.