Quizais está fóra da temática clásica, aínda que non sería difícil buscar paralelismos no Mundo Antigo, porque refuxiados, guerras e esperanza, houbo e haberá sempre.
Hoxe quero dar aquí a coñecer o noso novo proxecto, "Dairas", unha curtametraxe de animación ambientada nos campamentos de refuxiados saharauis.
Hoxe quero dar aquí a coñecer o noso novo proxecto, "Dairas", unha curtametraxe de animación ambientada nos campamentos de refuxiados saharauis.
“Dairas” pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencias das guerras, das disputas do territorio....
Miles de nenos viven ao limite cada día coa esperanza de poder cambiar o seu destino.
Este traballo debe ser quen de transmitirnos a crúa realidade de un campamento de refuxiados, guiados por unha personaxe principal, Ahmed, coa ilusión e convencemento de que é posible unha situación mellor.
As ferramentas a utilizar son a fotografía, modelado de plastilina, música...
Pero o máis importante, a mellor ferramenta coa que contaremos, será o factor humano, a ilusión e dedicación dos nosos alumnos e alumnas.
Miguel Carbajal




