Está xa en marcha unha nova edición do curso europeo CIRCE 2010 para profesores de Clásicas. O vindeiro ano a cita terá lugar en Aquileia, no norte de Italia. Unha máis que recomendable cita para coñecer a outros colegas europeos e practicar idiomas. Tedes toda a información neste documento en *.pdf. A data límite de inscripción é o 15 de xaneiro.
28/11/09
26/11/09
Recursos para traballar con Eutropio
Entre todos os materiais que podemos encontrar no apartado da Selectividade Galega da WiChiron para traballar con Eutropio, hoxe destacaremos os seguintes:
- para comezar, o texto completo latino do Breviarium en The Latin Library, ordenado por libros.
- en No Dictionaries teremos de novo todo o texto orixinal, subliñado e cos significados de tódalas palabras. Temos a posibilidade de engadir as nosas propias notas (análise morfosintáctica, por exemplo)
- en Bubok podemos mercar (12€) unha tradución galega do "Breviario da historia de Roma", con introdución, tradución e notas de Manuel Rodríguez Santos e Mª Carmen Blanco Pardal
21/11/09
Sexo, mentiras e ponencias de Clásicas.
Ave Viator.
Se estás lendo esta entrada ou ben es un amigo ou seguidor deste blog ou ben premeches na ligazón atraído polo absurdo do título. Non hai sexo (esa é a mentira). O único que atoparás aquí é unha ponencia de Clásicas presentada no Inforensino de Lugo 2009 e á que só acudiron 5 persoas. Había outras dúas ponencias simultáneas, as dúas abarrotadas de xente.
"Proxecto Chiron (así rezaba o título, e ata aí ben...): Estudos Clásicos na web 2.0" (desafortunado como pouco)
É certo que logo había un epígrafe explicando que se trataba dun proxecto colaborativo de profesores, etc. Demasiado tarde. A maioría da xente quedouse na primeira liña. O de Estudos Clásicos foi o pasaporte directo ao desastre.
Vale viator.

Etiquetas:
chiron,
cursos,
docencia,
inforensino,
Lugo
19/11/09
Chiron en Inforensino Lugo 2009
Al linguas Clásicas estarán representadas nas xornadas de Inforensino 2009 que se celebrarán en Lugo este vindeiro sábado día 21 de novembro.
O que isto escribe, legatus chinonianus na Gallaecia, falará sobre "O proxecto Chiron: Estudos Clásicos na web 2.0". Podedes ver o programa completo nesta ligazón.
E como o tema hoxe vai de cursos, velaquí a intervención no foro dun profe-alumno nun curso sobre a web 2.0 que estou a impartir no CFR de Santiago...
"Vaia coas linguas mortas!. A verdade que para ser un profesor de "linguas mortas, mantén a súa en febril actividade, (...) quedei gratamente sorprendido da actividade do curso (realizei o ano pasado o de pizarra dixital (...) no que non fixemos practicamente nada (nin sequera tocamos a Pizarra). E sorprendinme tamén das posibilidades que se lle están dando as novas tecnoloxías nas chamadas asignaturas de letras, que as están usando para mudar metodoloxías en contraposición aos de Ciencias que as usamos para facilitar tarefas ou facer as cousas máis atractivas, pero que no fondo seguimos a facer o mesmo..."
Cando poderemos acabar co sambenito ese das "linguas mortas"? Quizais debín recomendarlle a lectura desta entrada...
Etiquetas:
chiron,
congresos,
cursos,
inforensino
15/11/09
PAAU 2009/2010. Proba e modelo de exame de latín.
Lonxe da Idade de Ouro na que o coordinador López Pereira convocaba aos profesores para explicar o modelo das probas e recibir suxerencias sobre as mesmas (con escasa asistencia dos mesmos, todo hai que dicilo...), este ano recibimos a primeira información a mediados do mes de novembro, aínda que a circular está datada en outubro. No correo recibido nos Centros, alomenos no meu, no vén ningún arquivo adxunto, só un aviso de que está actualizada a parte da web que se refire a Latín.
Despois de picar aquí e alá chegamos por fin á páxina en cuestión, para atoparnos con poucas novidades. A máis destacable o cambio de coordinador. López Pereira deixa o seu cargo e substitúeo José Carracedo. Ademais a obra de Plauto elixida no apartado de lecturas pode ser "Anfitrión" ou "Xemelgos", de acordo co programa do festival de Teatro Grecolatino de Lugo 2010 organizado por SeecGalicia, que por certo sufriu un cambio de programación de última hora.
Nas lecturas seguimos igual, como se comentara na última asemblea de SeecGalicia: mal elixidas e de autores que non están no programa. O tema de Literatura é "A Lírica e Horacio", e as lecturas son de Catulo, o tema e "Cicerón e a Oratoria", e a lectura de Tácito. E como se pode dar a elixir entre a lectura de Xemelgos ou Anfitrión ou o visionado da película “Golfus de Roma”? E que nas PAAU de Grego poden elixir entre a lectura de Homero ou a película Troia? Non é de recibo poñer ao mesmo nivel a lectura en tradución dun texto orixinal latino cunha paiasada de Hollywood. É esa a visión do mundo clásico que lle queremos dar aos nosos alumnos?
Aquí queda esa circular informativa e o modelo de exame proposto:
Circular Modelo Exame 09 10

10/11/09
Web 2.0. CFR de Santiago
Con este título tan pouco orixinal comezo hoxe un curso organizado polo Centro de Profesores e Recursos (CFR) de Santiago, respondendo á confianza que temerariamente depositou en min o amigo Benxa.
Así que esta tarde disertarei sobre esta presentación, elaborada a partir de traballos anteriores de varios e preclaros quironianos "que en el mundo han sido...".
Nesta páxina recóllese un impresionante catálogo de recursos educativos na web 2.0. Semella que nos falta tempo para fedellar en todo o que aí sae...

04/11/09
Os romanos e a morte
Este é o título dunha nova presentación sobre o tema que acabo de subir ao grupo de Chiron en SlideShare (para os que queiran descargar o arquivo, está realizada co programa Keynote, o powerpoint de Apple). Sempre que puiden utilicei imaxes procedentes da Galería de Chiron, moitas delas da fantástica colección de Sebastià Giralt.
Trata dos diferentes tipos de ritos funerarios en Roma, da actitude dos romanos cara á morte, da morte en internet... Ten varias ligazóns activas que abren páxinas como esta da Wikiquote, onde se recollen moitos epitafios famosos (algúns de ilustres personaxes gregos e latinos), ou curiosas iniciativas actuais que se poden atopar na rede...
Aquí vos queda tamén un artigo periodístico aparecido no diario El País que trata da apertura dun museo en Barcelona sobre o mundo funerario romano e unha gran presentación sobre "O máis alá dos romanos", personificado na aventura de Eneas no Hades, no blog O Olmo dos falsos soños, de J. M. Otero.
Etiquetas:
apple,
keynote,
morte,
ritos funerarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)