Hai xa anos que por varios foros proclamaba eu as bondades do proxecto das webs dinámicas (picade na ligazón, picade, xa veredes como non funciona!), que dende a Consellería de Educación da Xunta de Galicia levaba aos centros unha plataforma que constaba de Drupal (web de centro), Moodle (Aulas Virtuais), Copermine (Galería de fotos) e PHPWebquest (xerador de actidades). Era o ano 2006, e o noso Centro foi un dos primeiros en sumarse. Éramos a envexa de todos: un proxecto plenamente operativo, funcional e presumo que non moi caro.
Amor de mis amores,
reina mía, qué me hiciste
que no puedo consolarme
sin poderte contemplar.
Puidemos así empezar a construír un sitio de Centro sen necesidade de instalar ningún programa, cun servicio técnico impecable que solucionaba todos os problemas que ían saíndo (grazas Xose Luis), e sobre todo dun xeito colaborativo. Creando varios usuarios, con permisos diversos, podíamos subir contidos á web de xeito sinxelo e organizado. Facíano os de secretaría, a Vicedirección, Xefatura de Estudos, os Departamentos, a ANPA, etc. A información medraba día a día. Entre todos. O sistema foi un éxito e andabamos xa polas 150.000 visitas.
Y pensar que te adoraba tiernamente,
que a tu lado como nunca me sentí.
As Aulas Virtuais tamén botaron a andar rapidamente, con moitos cursos operativos, e mesm
o foron premiadas pola propia Consellería. Este ano, como coordinador TIC, tiña a un grupiño de profesores decididos a cambiar a súa metodoloxía, utilizando
Moodle por primeira vez nas súas clases. Pasaramos varias tardes traballando e todo estaba preparado para que empezasen xa a abrir as Aulas aos alumnos, mandar tarefas, colgar información, etc.
Y por esas cosas raras de la vida
sin el beso de tu boca yo me vi.
Pero non. Levamos todo o curso co servidor practicamente inoperativo. Ou non vai ou vai tan lento que é imposible facer nada. Teño aos alumnos deseperados e aos profes desanimados. Ninguén se puxo en contacto cos Centros. Non hai información (oficial), todo está paralizado e non se sabe que carallo pasa. Aínda por riba a UAC (unidade de atención a centros) cambiou de mans e nin están nin se lles espera. A maioría das veces non contestan aos correos (probade: uac@edu.xunta.es), e cando o fan non din máis que chorradas.
E así estamos, un pouco como
Catulo e Lesbia.
Ya que pagaste mal
a mi cariño tan sincero,
lo que conseguirás
que no te nombre nunca más.
...ou en palabras do gran Ángel Cabral e a voz de o impagable Raphael (si, con -ph-)...
Que nadie sepa mi sufrir
Música: Ángel Cabral Letra: Enrique Dizeo
No te asombres si te digo lo que fuiste,
una ingrata con mi pobre corazón,
porque el brillo de tus lindos ojos negros
alumbraron el cariño de otro amor.
Y pensar que te adoraba tiernamente,
que a tu lado como nunca me sentí.
Y por esas cosas raras de la vida
sin el beso de tu boca yo me vi.
Amor de mis amores,
reina mía, qué me hiciste
que no puedo consolarme
sin poderte contemplar.
Ya que pagaste mal
a mi cariño tan sincero,
lo que conseguirás
que no te nombre nunca más.
Amor de mis amores
si dejaste de quererme,
no hay cuidado que la gente
de eso no se enterará.
Que gano con decir
que una mujer cambió mi suerte,
se burlarán de mi,
qué nadie sepa mi sufrir.