Pero no outono Sagunt presenta outra cita ineludible, as "
Xornadas de Cultura Clásica" organizadas pola Asesoría de Linguas e Cultura Clásicas do CEFIRE local (ou sexa, por
Juanvi...), e que este ano cumprían a súa
VIII edición. Alí estiven presentando o
concurso Odisea, nunha mini-edición para profesores que tivo lugar na tarde do sábado. E alí estiveron uns 180 compañeiros de Clásicas, con abundante representación das
familias: os
.net, os
.com, os
.org...
As xornadas comezaron o sábado e foi
Antonio González Amador (de
CulturaClasica.com) o que abriu as ponencias, coa presentación das
Fabulae Syrae (Graecorum Romanorumque fabulae ad usum discipulorum latine narratae) un bo complemento para o método
LLPSI (do capitulum XXV en adiante), con textos de
Luigi Miraglia e fermosas imaxes de
Iohann Wilhem Baur. Nel poderemos atopar, entre outras, as historias de
Pygmalion,
Tarpeia,
Nausicaa,
Horatius Cocles ou
Deucalion e Pyrrha. Grazas
Antonio por este exemplar que hoxe teño nas miñas mans e que
disfrutarán en breve os meus alumnos. Puiden facerme tamén coa edición en cor de
Familia Romana, que gaña moito con respecto á versión anterior en branco e negro.
José Luis Navarro, membro da
SEEC e Vicepresidente de
EuroClasicca, falounos do
Certificado Europeo en Linguas Clásicas, unha iniciativa que pretende dotar de un título europeo aos estudiantes destas disciplinas, e ao que podemos presentar aos nosos alumnos. Tanto en latín como en grego clásico teremos 4 niveis:
Vestibulum (nivel equivalente a 4º de ESO),
Ianua (1º de Bacharelato),
Palatium (2º Bacharelato) e
Thesaurus (1º e 2º cursos de Filoloxía). A idea é convocar unhas probas anuais, que consistirán nun texto en latín ou grego antigo e unhas preguntas de comprensión sobre o mesmo. Seriamos os propios profesores os encargados de matricular e supervisar os exames dos nosos alumnos.
A mañá pechouse cunha fermosa conferencia de
Isabel Barceló, "
Un paseo pola Roma das mulleres", e abofé que a escritora conseguiu transportarnos, coa súa voz como única ferramenta (aquí no houbo espazo para as TICs), á Roma das
Sabinas, da
vestal Claudia, de
Iulia (filla de
César e muller de
Pompeio) de
Cornelia, filla do
Africano e nai dos
Gracos. Volveu representarse de novo ante os nosos ollos a traizón de
Tarpeia, a paixón de
Dido, a entrañable historia de
Pero. Pero desta vez soubemos da localización precisa destes episodios: onde amamantou
Pero ao seu pai (no templo da
Spes, ao lado do teatro de Marcelo), onde foi aplastada
Tarpeia, onde lle foron ofrecidos funerais dignos dun xeneral a
Iulia, onde recibiu
Cornelia ás súas amigas para mostrarlles as
súas xoias...
Na comida, falando con Isabel, falando de mulleres, as grandes olvidadas da Historia, pensamos en facerlles a nosa pequena homenaxe, un intento de sacalas dese esquecemento a que foron sometidas durante o paso dos séculos: unha edición monográfica do
Concurso Odisea sobre as mulleres do mundo antigo.
A tarde deparaba varios
talleres: xogos, teatro, baile, escritura, infancia, pintura.
E a
Odisea de Laertes, o noso cometido. E digo
noso porque fomos o que esto escribe e
Ana Ovando (AnaWiki, PolivalenteAna) os encargados de levar a cabo esta mini-edición do Concurso de Cultura Clásica organizado polas seccións de
SEEC de
Valencia-Castellón, Alicante e
Galicia. Esta vez foron os profesores os que concursaban. A idea era que coñecesen o concurso dende dentro. Que sentisen os nervios e o
stress dos nosos alumnos cando encaran as preguntas que aparecen en pantalla. Tiñan 10 minutos para contestar cada unha das 3 tandas de preguntas e 30 minutos para o preguntón. Houbo dúas quendas para o concurso. Na primeira, e formando grupo en solitario, o gañador foi un i
lustre chironiano, que esperemos leve a semente a terras aragonesas para contar cunha comunidade máis na vindeira edición.
Despedín as xornadas con outro luxo: a
Domus Baebia. Que podo dicir que non fose dito xa do gran traballo que están realizando nesta Aula Didáctica? O que na miña anterior visita era unha idea, un proxecto, hoxe é unha realidade. Un fogar da Cultura Clásica que acolle día tras día (hai lista de espera) dende estudantes de primaria ata xubilados ou asociación locais. Alí estaban
Salva (escriba, mago e
azoute de A3),
Amparo e
Charo, que me obsequiaron cunha auténtica visita ViP a todas as instalacións do centro. Tamén pechamos alí un acordo para traducir ao galego parte do fantástico material que teñen publicado no
Hortus Hesperidum, concretamente o referido á infancia e ritos funerarios. Grazas
Amparo,
Salut e
Lluïsa, pola disposición a compartir o voso traballo. E falando de luxos: e que hai algunha outra Aula Didáctica no mundo que despois de traballar cos rapaces nas súas instalacións poida coller as chaves dun auténtico teatro romano (o teatro de Sagunt, que dista uns centos de metros), e levar alí aos alumnos para poñer en práctica todo o aprendido?
Dende a Gallaecia, grazas a toda a
Familia Saguntina, a todos os amigos que puiden ver e coñecer nestas xornadas inesquecibles, e sobre todo aos mellores anfitrións que un bárbaro podería desexar, ao bo facer dun incombustible
Hermes e a cálida compaña das fermosas
Voces Gregas.