Mostrando entradas con la etiqueta odisea 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta odisea 2013. Mostrar todas las entradas

14/2/13

A Odisea 2013 no MGB

As musas non foron propicias para os equipos do MGB que participaron na Odisea 2013. Ás veces os despistes, escribir ou ler mal a pregunta e cousas polo estilo, fixeron que ningún dos equipos do noso centro acadase a máxima puntuación que daba paso ao desempate en Galicia. Sen dúbida algúns o merecían.
Aínda así, a experiencia pagou a pena e xa estamos preparados para a seguinte viaxe, sendo, coma sempre, un pouco máis sabios ao final do camiño.
Esta foi a nosa "clasificación interna". Noraboa a tod@s, especialmente aos que puxeron o máximo de ilusión e esforzo. Mañá venres faremos a entrega de premios no 2º recreo, na sala de usos múltiples. Non faltedes, xa que é de supoñer a "xenerosidade" dos dous equipos gañadores...


Esta foi a reseña que saiu na edición local da Voz de Galicia o vernes 8 de febreiro. Nela estamos todos na Biblioteca, preparando o temible "Preguntón"...


21/1/13

Odisea 2013

Unha vez máis aquí estamos, dispostos a embarcarnos nesta aventura, que para nós será a oitava.
Este ano, con algunha modificación nas bases, volveremos ter como compañeiros de viaxe a Valencia-Castellón, Alacant e Catalunya. Ademais volve ao concurso Aragón e incórporase por primeira vez Valladolid.

A temática este ano xirará en torno a un tema de actualidade, A Educación (quizais para o ano que vén teñamos que suxerir outro: "A corrupción política no Mundo Antigo, que haber tamén a había, e seguro que poderíamos atopar algúns Exempla de utilidade ante a triste realidade cotiá coa que nos enfrontamos)

Dende o MGB temos apuntados os seguintes equipos:

4º de ESO:

  • ARRE & SO
  • VICTORIUM
  • AZUL
  • PIXOSCOOTER

1º BACHARELATO

  • HIC ET NUNC
  • FACIES IRATA (isto creo que vai por min...)
  • TUXTAX
  • NESCIO
  • GALLAECIA QUALITAS
2º BACHARELATO

  • NIKE
  • COGITO ERGO SUM
  • INTELLIGENTIBUS PAUCA

Tal e como fixemos o ano pasado, o xoves 7 de febreiro, día do preguntón, os alumnos "Clásicos" do MGB e o seu magister pasaremos toda a mañá entre a Biblioteca (este ano con novos ordenadores) e a sala de informática. Será unha actividade máis, apoiada pola vicedirección do centro e incluída na programación. Esperamos repetir a intensidade, emoción e nervios da edición anterior (e creo que coas novas fichaxes deste ano non vai ser difícil...!)

Desta vez xogaremos en dous concursos simultáneos, posto que imos facer tamén unha clasificación interna, na que levarán premio os 2 primeiros clasificados do noso Centro (caixa grande e caixa mediana respectivamente).

pd: o Concurso conta con páxina propia na Galipedia, elaborada dentro do proxecto DivesGallaecia 2012.