Mostrando entradas con la etiqueta SEEC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEEC. Mostrar todas las entradas

8/12/11

A SEEC premia o traballo de Chiron

A Sociedade Española de Estudos Clásicos concedeu á Chiron o Premio á Promoción e Defensa dos Estudos Clásicos na súa IX edición polo traballo realizado a través deste espazo colaborativo en rede. 

Este é un extracto da fermosa carta que nos fixo chegar Jaime Siles, presidente da SEEC.

"La SEEC ha decidido conceder este premio a la Asociación Chiron por la encomiable labor que está llevando a cabo a través del portal de Internet www.chironweb.org, que ha conseguido desarrollar un "proyecto colaborativo" que aúna los trabajos que los profesores de nuestras materias venían realizando de manera individual. El resultado ha sido la creación de un sitio web dedicado al Mundo Clásico, en el cual colaboran desinteresadamente centenares de personas y que ha generado una enorme ilusión y un inusitadamente fructífero intercambio de opiniones y experiencias entre profesores y alumnos de Griego, Latín y Cultura Clásica, y también entre quienes, en general, se interesan por la Antigüedad grecorromana. Se trata, en nuestra opinión, de una labor valiosísima, que ha alcanzado una difusión extraordinaria y ha generado entre nuestros docentes y alumnos una ilusión que consideramos muy importante para el futuro de nuestros estudios, y que está sirviendo también para poner de manifiesto el entusiasmo, la dedicación y la preparación de los profesores de Latín, Griego y Cultura Clásica. Queremos destacar igualmente el carácter innovador de la experiencia, que está sirviendo de modelo para otras áreas de conocimiento, en España y fuera de España". 

Unha gran noticia, que chega tan só uns días despois da estancia de Chiron en Compostela

Sen dúbida algo está cambiando na SEEC. Será cousa de meigas...

pd: comparte a nosa ledicia dende twitter usando #chironweb.Veremos os resultados neste lugar ou neste outro

12/1/10

Odisea 2010, quinta edición do concurso.



Onte comezou o prazo de inscrición para participar neste concurso en liña de Cultura Clásica, organizado polas seccións da SEEC de Galicia, Valencia/Castellón e Alicante. Nel poden participar estudiantes de ESO e Bacharelato de calquera centro de Ensino Oficial de ditas comunidades, organizados en equipos de ata 3 persoas, e baixo a supervisión dun profesor responsable.

O concurso consiste nunhas preguntas (e algún preguntón...) que teñen que responder directamente dende a web do concurso. Hai unha primeira fase de 4 días na primeira semana de febreiro, logo un desempate entre os primeiros clasificados de cada Comunidade e logo unha fase final, moi emocionante se nos atemos ao sucedido na pasada edición, entre os campeóns das distintas sés. Os premios, en metálico e bastante xenerosos, entregaranse no festival de teatro grecolatino de Lugo, organizado tamén por SEECGalicia. Podedes consultar as bases e calendario detallado dende aquí.

Animamos dende aquí a tódolos profesores de latín e grego das Comunidades participantes a inscribirse cos seus alumnos nesta nova edición do Certame, a quinta xa.

E un desexo para as vindeiras convocatorias, que o concurso poida medrar con máis seccións da SEEC implicadas. A infraestructura, a base informática que nos permite levar o concurso á rede, está lista, preparada para admitir a cantas Comunidades estén interesadas.

7/2/08

COMITIA

Dende logo non se pode negar que estamos ante un ano electoral. Caucus nos USA, precampaña en España, eleccións na SEEC, eleccións en SEECGalicia o vindeiro 15 de febreiro.
Clinton/Obama, Zapatero/Rajoy, Siles/López Eire, e tamén aquí, na Gallaecia, Cecilia Criado/López Pereira. A dualidade imponse.
Con respecto ás animadas disputas xeradas en torno ás candidaturas que se presentan á Xunta directiva da SEEC, remítome ás doctae meditationes do noso xove magister.
Pero en canto aos comicios aquí en SEECGalicia, dende Dives Gallaecia véxome na obriga de pedir o voto para a candidatura de Cecilia Criado, da que formo parte como secretario.
Se queres saber quen somos ou o que pensamos do programa da candidatura rival visita o noso blog.
* ilustración: Graffitis electorais da Casa de Xulio Polibio en Pompeia.

30/10/07

O DÍA DESPOIS

Aínda que non puidemos quedarnos ata o vernes para escoitar a Román falar do lugar das representacións teatrais en Plauto e Terencio, ou a Dulce sobre o Deífobo de Virxilio, aquí están as crónicas doutros quironianos que, ou ben estiveron presentes, ou ben souberon indagar nas fontes desta tupida rede e nos traen as últimas reflexións sobre o Congreso da SEEC.
Así que aquí temos o relato dun profesor de secundaria, o posteo dun blogger trasnochador e rockeiro, uns apuntes e unha pequena crónica dun profesor de latín e grego e as sempre agarimosas voces gregas. E se nos perdemos sempre poderemos consultar a nosa brúxula.
Para os que desfrutamos escoitando a Mercedes Madrid falar dos Kouroi na mesa do luns, ofrécesenos a posibilidade de descargar esta presentación sobre o desnudo grego, só temos que tirar un pouco do cinto de hipólita, e de paso contemplar o fermoso luar dende os ollos dun auténtico haruspex. (¡Aplu!, ¡Aplu!, thui srenar tev!, ¡thui srenar tev!)

20/9/07

INCIPIO

Tras un curto (como sempre) verán, e para alivio da triloxía nécora-sargo-robaliza, aquí estamos outra vez neste curso 2007/08 que comeza, ou mellor dito comezou onte, aínda que para aqueles que non fomos agraciados co nomeamento de Titor, empeza mañán.
Dous cursos de latín van sufrir as consecuencias da miña labor didáctica, un Latín I de 12 alumnos (4 horas) e un Latín II de 8 (4 horas), algúns deles vellos coñecidos.
Nas 8 horas restantes serei profesor alternativo, xa que está visto que malia as alternancias de poder ningúen se vai atrever polo de agora a revisar esas concordancias que tan mal casan cun Estado laico. Teremos polo tanto latín e clase de alterne.
Hai uns meses Sebastià falábanos da situación en Cataluña. Aquí, na Gallaecia, un decreto (DOG 13 xullo) e unha orde (DOG 12 setembro) danlle entrada por fin ao latín no curso de 4º de ESO cunha carga de 3 horas semanais (iso si, no vindeiro 2008/2009 ...)
Parece que de algo si serviron todos os manifestos, escritos e demais. E de salientar neste tema o gran traballo realizado pola SEEC, e penso que agora recollemos o froito dos esforzos de todos estes anos.
Peor sorte corre a Cultura Clásica. Segue de optativa en 3º e 4º, con 2 e 3 horas semanais respectivamente, aínda que agora un alumno que a colla en 3º non a pode repetir en 4º, cousa que antes si podía facer.
Hic rursus sumus