![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjqCyDa8_ry11040sq4UaV-9zVxL3rplWLYvhbz941PcNRJW7buCxfsXd2A-X0XpgceuGYkOgY6_j1ZMGndLiQG6oVyyFvrke2XN2-31k3tJwYrC0olD03xsVuO1sKkgRBi9zAOQQ/s320/captura_respublica_litterar.jpg)
Nace un
novo blog na bárbara dives, esta vez da man de
Xosé Antonio López Silva, dende un dos quizais más fermosos institutos que pode haber por estes lares, o
IES Porto do Son, situado á beira da praia, na ría de
Muros e
Noia, emerxendo dende o verde dos piñeiros, non moi lonxe do
castro de Baroña, que ben podería pasar pola famosa aldea de
Ásterix e Obélix...
A medio camiño entre un blog de aula e un blog de profesor, Xosé Antonio prométenos reflexións futuras que só agardan o seu momento para ver a luz. Benvido á blogosfera e esperemos poder verte pronto no planeta de
Quiron.
1 comentario:
Moitas grazas pola túa amabilidade, e polo teu espléndido facer. Un gran abrazo
Publicar un comentario