Mostrando entradas con la etiqueta Catulo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Catulo. Mostrar todas las entradas

15/10/07

Podcast en latín

Pode ser boa idea facer que os alumnos que están empezando os seus estudios de latín acostumen o oído ao son desta lingua, aínda que sexa nunhas pronunciacións un tanto diferentes ás habituais nestes lares.
Seguindo os consellos de Laura Gibbs dende o seu grupo "speaking latin aloud", e despois de facer unha busca ben dirixida en del-icio-us , podemos atopar unha morea de páxinas con podcast en latín, dende frases moi sinxelas ata o recitado completo de poemas de Catulo .

8/3/07

Catulo e as probas de latín das PAAU 2007

Nestes días chegou aos centros un correo-E do director do grupo de traballo de latín, Eduardo López Pereira, comunicando a convocatoria dunha serie de reunións cos profesores en cada unha das provincias galegas: (Adxunta tamén un modelo de exame como o que pode caer na selectividade)
  • LUGO: 13 de marzo, no Lucus Augusti, ás 18 horas
  • CORUÑA: 15 de marzo, no Monte das Moas, ás 18 horas.
  • VIGO: 20 de marzo, no IES da Guía, ás 18 horas
  • OURENSE: 26 de marzo, no Otero Pedrayo, ás 18 horas
  • SANTIAGO: 10 de abril, no IES San Clemente, ás 18.30 horas
Tan só uns días antes, nunha entrevista coa Delegación Galega da SEEC, onde se buscaba precisamente unha convocatoria semellante a petición dos socios, esta mesma persoa advertía de que calquera suxerencia que tivesen os profesores a fixesen chegar vía correo-E á CIUG.
¿As razóns de tan súbito cambio de opinión? Quizais haxa que recordar a Catulo . . .
"Dicit: sed mulier cupido quod dicit amanti
in vento et rapida scribere oportet aqua"