Mostrando entradas con la etiqueta retórica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta retórica. Mostrar todas las entradas

28/1/11

Si, puidemos! (no cumpleanos de Chiron...)

Hoxe, a rede está chea de felicitacións por este lustro que levamos cumprido.

5 anos 5. Un período suficientemente longo para facer unha valoración do traballo realizado.

E imbuído (posuído) como estou do espírito Obama, terei que concluír co seguinte:


pd: Para desgraza dos meus alumnos empecei a analizar polo miúdo o seu último discurso, que cumpre asombrosamente as premisas das Rhetorica. Tradición e herdanza clásica no presidente dos EEUU? Sen dúbida.

26/3/07

Cicerón e a Oratoria latina


Nestes días estamos traballando na aula con este tema, do cal elaborei un documento en galego, tomando como base os Scripta da web do MEC. Moi interesantes parécenme o blog "El retórico empedernido", do almeriense Quintiliano, e a web Manual de Retórica, de Ángel Romera.

Paga a pena tamén a vista á experiencia "Performing Cicero", dirixida dende a Universidade de California, onde podemos ver e escoitar ao mesmo Cicerón pronunciando un discurso!

27/1/07

MARCO TULIO CICERÓN

Francisco Pina Polo, Marco Tulio Cicerón, Ariel, Barcelona 2005, 446 págs.
A afirmación de que Cicerón é un dos personaxes máis coñecidos da antigüidade romana parece aínda máis certa despúes da lectura deste magnífico libro. Nel, o profesor de Historia Antiga da universidade de Zaragoza, Francisco Pina Polo, desgrana aos poucos a vida do Arpinate, desde a súa formación como político ata a súa morte, acompañando en todo momento textos sacados das propias obras de Cicerón para ilustrar os seus argumentos. As citas son tan abundantes que contamos cun material de primeira man para poder entender a complexa figura do orador. Ademais dunha correcta introdución e dos capítulos que correspoden ás diferentes etapas da vida do noso protagonista, 10 en total, o autor proporciónanos información sobre as súas finanzas, o seu pensamento político e a súa paixón pola oratoria. Acompáñanse ademais 3 anexos. O primeiro versa sobre Mommsen e a lenda negra de Cicerón; o segundo é un curioso estudo psicolóxico realizado por Paul Briot na década dos 60, e o terceiro un estudo do seu carácter titulado Cicerón ante o espello. O volume complétase cunha Cronoloxía, Bibliografía e Índice de nomes.