Mostrando entradas con la etiqueta collatinus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta collatinus. Mostrar todas las entradas

28/10/10

Collatinus multilingüe

Case un ano despois da proposta que lanzara Carlos Cabanillas podemos por fin ver os froitos do traballo realizado polo grupo de profesores que traduciron ao castelán, catalán e galego o famoso axudante para a tradución dende o latín creado polo profesor Y. Ouvrard.
É unha versión en probas, así que nestes primeiros momentos teremos que disculpar os erros que nos poidan saír ao traballar con el. Pero estou seguro que co tempo se vai converter nunha valiosa ferramenta para os nosos alumnos. Anímovos a probala de inmediato cos textos de Eutropio e a que me fagades chegar os erros que atopedes na versión galega deixando un comentario.


O seu enderezo e: http://collatinus.educarex.es/

*Máis información na web de Chiron.

.

31/1/10

Virago, inis

O traballo na tradución do Collatinus ao galego no deixa de depararme sorpresas. Como tamén lle pasa a outros colegas, síntome cómodo entre as palabras (somos filólogos, non?), e logo de tantas pantallas volvo aprezar ver a mesa chea de diccionarios de distintas linguas abertos de par en par, bucear entre significados e sinónimos, pasar as follas intentando emular a Google no de "vas ter sorte" e acertar na páxina á primeira...
Cada palabra é un misterio, un mundo. E senón, botade unha ollada a esta. Virago. Está presente no castelán e no catalán co significado de "Mujer varonil", e "Dona homenenca; gallimarsot". En galego podemos definila como "Muller con xeitos de home, machorra, marimacho, cabalón".
Pero tamén foi a palabra empregada na Vulgata para referirse á muller, e deu nome a varios navíos de Guerra da Royal Navy ou a un modelo de motocicleta xaponesa...



13/12/09

Collatinus, en galego!


Trala proposta de Carlos Cabanillas e logo de que se formasen os grupos de traballo de castelán e catalán, temos tamén aquí na Gallaecia un grupo de profesores dispostos a poñer en galego este magnífico axudante para a tradución dende o latín creado polo profesor Y. Ouvrard.

Somos once persoas. Algunhas son socios de SeecGalicia e outras non, hai xente de latín, pero tamén de grego, hai profesores que levamos uns cantos anos nisto, pero tamén hai que vén de rematar a carreira, hai compañeiros de facultade e perfectos descoñecidos (ata agora...)
Ben, aquí estamos, con representación nas catro provincias...

  1. Ana Bolíbar, dende Vigo
  2. Susana Losada, de Melide
  3. J. Alfonso, dende Muros
  4. J. Manuel Otero, dende Vigo tamén.
  5. X. Martins, dende Cangas
  6. Encarna Ramil, As Pontes
  7. Inma Pérez, dende Carril
  8. Benigno Nerga, dende Cangas tamén
  9. Elena Miramontes, dende a Coruña
  10. Fernando García, dende Palas de Rei
  11. e eu, Álvaro, dende Santiago