Mostrando entradas con la etiqueta Wiki. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Wiki. Mostrar todas las entradas

28/2/09

A carreira do centauro (rápida, rápida)

Como falabamos non hai moito, o paso de Chiron pola Gallaecia está deixando unha numerosa descendencia...
Cursos realizados na plataforma moodle, contribucións ás galerías de imaxes e presentacións, novos vídeos e ligazóns para o marcador social, un feixe de blogs, presentacións en google docs, un mapa colaborativo da Via Atlántica na Gallaecia, liñas do tempo en Timeline, unha nova sección na WiChiron sobre a selectividade en Galicia...
E por se isto fose pouco agora veñen as wikis. Deixo aquí unha listaxe de todas elas. Paga a pena facerlles unha visita.
Isto non fixo nada máis que empezar, só pasaron tres meses dende a visita do centauro. Onde chegaremos se seguimos así!


* Imaxe de Javimax en Flickr