Mostrando entradas con la etiqueta alumnos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alumnos. Mostrar todas las entradas

22/5/07

DATIVO singular

Para Karina, para Olaia, para Lucía, para Lorenzo, para a santa ortografía, para María.
Para Sandra, para Vanessa, para Marlén, para David, para Aitana, para Yván.
Para Karen, para Javier, para os emeriti, Lorena e Manuel.
Para Chus, para Iria, para Erea, para Diana.
Para a musa dos Wikis, para as conditiones sine qua non, para os informáticos da consellería, para o ascenso do Pontevedra.
Para os dezanove, no desfiladeiro, na beira desta via strata, dándolle voltas a esta spina do Latín II, 2006/07, nas dúas factiones, A e B.
Para a raposa, as uvas, a cornella e a gralla, o pastor e a cabra, a serpe e a lagartixa, o simio da carnicería, a ovella que non era ovo, o touro que non podía pasar, para as rás que querían un rei.
Para os ablativos de Eutropio, con Cicerón de consul ou sen el, para un recordo de Anquises nos infernos, para Marcelo, para o tonto Claudio detrás das cortinas, para Livia detrás de Augusto, para os populi e os castella galaicos, e para o froito do teixo no Medulio, e para Plauto que volve a Lugo tódolos anos en forma de Sardiña.
Para os fitotopónimos (e os Fitipaldis), para o sursum corda, que este ano xa non vai a ir a selectividade.
Para todos nós, que, como dicía Borjes, inquirimos as declinacións, os modos, a laboriosa mutación das letras, que tivemos as noites (e os días) cheos de Virxilio, que unha vez soubemos e esquecimos o latín.
Para Dido e Eneas e o seu refuxio na tempestade, para que algún de vós lle dea a réplica a Cicerón escribindo un de iuventute, para que a vosa inventio ilustre os comentarios, vestindo as palabras coas roupas dunha boa elocutio.
Para que non esquezades quis, quid, cur, ubi, quando, quemadmodum, quibus adminiculis, vos intentou aprender o latín.