Hoxe estivemos na Consellería celebrando o noso Triumphus particular, a falta do escravo que nos muiñe ao oído para recordarnos que somos mortais...
Recollimos o primeiro premio de innovación educativa 2010 na modalidade B "Introdución das competencias básicas na aula dixital", cun traballo que xa recibira o Premio Crearte.
Cómpre agraceder hic et nunc as ensinanzas e experiencias recibidas logo dun lustro xa co vello centauro. Botade unha ollada ao proxecto e recoñeceredes as súas pegadas.
