O prometido é débeda, así que hoxe volvo ofrecer nesta entrada os Pensum A, B e C do Lingua Latina Per Se Illustrata (esta vez correspondentes aos capítulos XIII-XXII), a todos os profes que queiran inserir estas actividades nos seus cursos de Moodle.
Ola, quero ofrecer nesta entrada os Pensum A, B e C do Lingua Latina Per Se Illustrata, correspondentes aos capítulos I-XII, a todos os profes que queiran inserir estas actividades nos seus cursos de Moodle.
Pois si, ler grego é fácil, é moito máis se para iso nos acompañamos da presentación de Ana Ovando do mesmo título, que leva xa máis de 200.000 visitas dende o ano 2007 (por algo será...)
Como sabedes tod@s os que en algunha ocasión a tedes utilizado na aula, a medida que van transcorrendo as diapositivas coas letras gregas se van introducindo cuestións referidas á mitoloxía, xeografía ou personaxes célebres da Antigüidade grega e romana.
Ben, pois tomando como base ditas cuestións elaborei un cuestionario de 19 preguntas para incluír no noso curso moodle. Hai preguntas de resposta breve, de escolla múltiple, etc, todas elas acompañadas dunha ilustración.
O arquivo onde se recollen estas preguntas podedes descargalo dende esta ligazón.
Neste videotitorial se dan as instrucións necesarias para realizar a importación do cuestionario ao noso curso moodle.
Espero que vos sexa de utilidade nestes primeiros días de alfabeto!
Usque ad ova (in malam partem), concluían aqueles diccionarios para pasmo do tradutor ante a pasaxe dubidosa.
Para todo hai un límite, e o número de cursos de Moodle que pode impartir unha persoa sen ver trastornadas gravemente as súas facultades non é unha excepción (neste punto é ou meu deber advertir dos riscos aos que se expón tamén quen leva adiante a non menos ímproba tarefa á que pomos o símpatico título de "Imos crear un blog"...)
In medio virtus. Omnis saturatio mala, moodlelis/bitacorarum pessima
Así que, sen renunciar por completo á ferramenta que me leva e me leva polo meu camiño, de xira polos IES de media Gallaecia, neste novo curso organizado por SEECGalicia quixen falar de algo máis, por iso o plus.
Este venres pasado, na Facultade de Filoloxía da USC, estivemos preparando os nosos navegadores para que ferramentas como Diigo, Scoop-it, Pinterest, Friendfeed ou Evernote fagan a nosa inquisitio cotidiana o máis áxil posible e manteñan a nosa despensa de información ordenada e lista para cando teñamos necesidade de recorrer a ela.
As musas (só as musas?) quixeron que a metáfora empregada esta vez fose a arte da pesca, de aí a inquisitio cotidiana, a navis celeris, o final felix, o cibum paratum. Esta especie de pechakucha a modo de vídeo intenta poñer en imaxes todo o anterior (e de paso rende unha pequena homenaxe a The Marvelettes e o seu inmortal "Too many fish in the sea")
A segunda parte da tarde estivo dedicada a un aparello que sen dúbida vai revolucionar o mundo da educación, ou mellor dito, xa o está facendo. Refírome ás tabletas, neste caso un IPAD. A súa versatilidade, facilidade de manexo, tamaño e peso, e sobre todo, as innumerables aplicacións educativas a un prezo máis que asequible, fan del unha ferramenta difícil de bater. Moi recomendable mercar tamén o accesorio que nos permite conectar a tableta ao canón, para proxectar na aula, e un Stylus para escribir e navegar con máis comodidade (destes hai 2 tipos, os dos chinos e os bos. Mercade os segundos)
Aquí tedes unha selección de Apps comentadas especialmente pensada para profes de Clásicas:
Cadernos de notas. Moi útil como marcador de webs favoritas. Potente buscador interno. Notas a partir de imaxes ou sons. Versión para teléfono móvil, etc.
Aplicación para profesor: fichas de alumnos, notas, cálculo de medias, control faltas de asistencia, etc.
Traballa con Dropbox. Importa datos en formato *.csv
Anotar pdfs: subliñar, destacar, etc. Permite por exemplo realizar análises sintácticas a partir dun pdf previo. Organiza os documentos en carpetas.
Traballa con Dropbox.
Hai xa anos que por varios foros proclamaba eu as bondades do proxecto das webs dinámicas (picade na ligazón, picade, xa veredes como non funciona!), que dende a Consellería de Educación da Xunta de Galicia levaba aos centros unha plataforma que constaba de Drupal (web de centro), Moodle (Aulas Virtuais), Copermine (Galería de fotos) e PHPWebquest (xerador de actidades). Era o ano 2006, e o noso Centro foi un dos primeiros en sumarse. Éramos a envexa de todos: un proxecto plenamente operativo, funcional e presumo que non moi caro.
Amor de mis amores,
reina mía, qué me hiciste
que no puedo consolarme
sin poderte contemplar.
Puidemos así empezar a construír un sitio de Centro sen necesidade de instalar ningún programa, cun servicio técnico impecable que solucionaba todos os problemas que ían saíndo (grazas Xose Luis), e sobre todo dun xeito colaborativo. Creando varios usuarios, con permisos diversos, podíamos subir contidos á web de xeito sinxelo e organizado. Facíano os de secretaría, a Vicedirección, Xefatura de Estudos, os Departamentos, a ANPA, etc. A información medraba día a día. Entre todos. O sistema foi un éxito e andabamos xa polas 150.000 visitas.
Y pensar que te adoraba tiernamente,
que a tu lado como nunca me sentí.
As Aulas Virtuais tamén botaron a andar rapidamente, con moitos cursos operativos, e mesmo foron premiadas pola propia Consellería. Este ano, como coordinador TIC, tiña a un grupiño de profesores decididos a cambiar a súa metodoloxía, utilizando Moodle por primeira vez nas súas clases. Pasaramos varias tardes traballando e todo estaba preparado para que empezasen xa a abrir as Aulas aos alumnos, mandar tarefas, colgar información, etc.
Y por esas cosas raras de la vida
sin el beso de tu boca yo me vi.
Pero non. Levamos todo o curso co servidor practicamente inoperativo. Ou non vai ou vai tan lento que é imposible facer nada. Teño aos alumnos deseperados e aos profes desanimados. Ninguén se puxo en contacto cos Centros. Non hai información (oficial), todo está paralizado e non se sabe que carallo pasa. Aínda por riba a UAC (unidade de atención a centros) cambiou de mans e nin están nin se lles espera. A maioría das veces non contestan aos correos (probade: uac@edu.xunta.es), e cando o fan non din máis que chorradas.
No te asombres si te digo lo que fuiste, una ingrata con mi pobre corazón,
porque el brillo de tus lindos ojos negros
alumbraron el cariño de otro amor.
Y pensar que te adoraba tiernamente,
que a tu lado como nunca me sentí.
Y por esas cosas raras de la vida
sin el beso de tu boca yo me vi.
Amor de mis amores,
reina mía, qué me hiciste
que no puedo consolarme
sin poderte contemplar.
Ya que pagaste mal
a mi cariño tan sincero,
lo que conseguirás
que no te nombre nunca más.
Amor de mis amores
si dejaste de quererme,
no hay cuidado que la gente
de eso no se enterará.
Que gano con decir
que una mujer cambió mi suerte,
se burlarán de mi,
qué nadie sepa mi sufrir.
Según se recolle na edición de hoxe do Ciberpaís, a plataforma Moodle conta xa con máis de 4.000 institutos, academias, universidades e empresas rexistradas en España, unha cifra sen dúbida moi inferior á utilización real, xa que o rexistro é voluntario.
Logo dunha breve introdución, onde se citan exemplos das diferentes entidades educativas (e empresariais) que o están a utilizar, o artigo recolle unha entrevista con Martin Dougiamas, o australiano de 39 anos creador de Moodle e boss supremo da comunidade (a española é a segunda máis activa do mundo). Todavía non coñeces as súas posibilidades? Visita os meus cursos de latín na Aula Virtual do MGB (categoría Latín e grego) ou a Aula Virtual de Chiron. Descarga dende aquí o artigo completo en *.pdf.
O venres, segundo día desta moot, tiven a oportunidade de coñecer algunha experiencia interesante (e outras non tanto). Como exemplo das primeiras destacaría as seguintes:
"Usos pouco habituais en Moodle", ou como utilizar a ferramenta Consulta para crear grupos de traballo, un Foro como webquest ou libreta de exercicios, un Taller como pizarra virtual, as Wikis como libretas de grupo...
"Moodle y los e-portfolio", comparativa entre as diferentes opcións. Desgraciadamente, non se nos mostrou un exemplar "acabado", co que nos quedamos unha vez máis coas gañas de coñecer o uso didáctico destas novas ferramentas, moi utilizadas xa, polo visto, en universidades extranxeiras.
Na sección de posters puiden coñecer a Juan Ezeiza, do Liceo Axular de Donostia, que propoñía unha "Reutilización lúdica de glosarios e bancos de preguntas", mediante o módulo non oficial de moodle "Games", de Vasilis Daloukas. Proporciona exercicios de "Imaxe oculta", "Serpes e escaleiras", "O aforcado", "Sopas de letras e encrucillados", "O millonario" e un curioso "Sudoku". Bos e divertidos exercicios para a autoevaluación e adestramento do alumno.
Houbo tamén intervencións que deixaban en evidencia ao ponente (nada novo, por outra banda). Nunha xuntanza destas características non se pode vir falar do "Uso do foro para favorecer a participación dos alumnos", e outras obviedades parecidas. Tampouco se pode abusar da paciencia do moderador de sala intentanto roubar máis minutos dos concedidos, queixándose unha e outra vez do pouco tempo (igual para todos) para presentar unha marabillosa (eso habería que discutilo) experiencia. A porfía dalgún foi tal que, como non calaba, provocou que nos apagaran a luz da sala (expeditivo método, pero efectivo!)
Novas ideas. Queredes insertar Audio no voso moodle ou blog? Probade con servizos como Imeem, Vozme ou Voki.
Programa completo da moot con ligazóns a pdfs, cursos, Foros e vídeo.
Durante os días 23, 24 e 25 de outubro, estáse celebrando en Barcelona a Moodlemoot BCN 08, que reune a 400 moodlers de este e outros Estados, dispostos a compartir as súas experiencias sobre o uso desta plataforma LMS na aula.
As principales ponencias están sendo retransmitidas vía streaming (unidireccional). Ademais, gracias a Sclipo Live (videoconferencia bidireccional) tamén hai intervencións en directo nas rondas de preguntas e nos talleres. Todo o grabado en vídeo e as presentacións dos ponentes será colgado posteriormente na web do evento. (acórdanos isto algo?)
Despois dos actos protocolarios propios de eventos de este tipo, onde non faltaron os políticos de rigor, abriu a tanda de ponencias o auténtico boss de Moodle, o australiano Martin Dougiamas, que disertou sobre a nova versión da plataforma, que sairá en xuño do ano que vén, Moodle 2.0. (xa se pode descargar unha versión "inestable" dende o servizo de descargas da web oficial)
Anuncia importantes novidades como a importación de contidos de servizos externos como Flickr ou GoogleApps. Disto fíxonos unha sinxela demostración: introducir no noso editor de texto de moodle unha imaxe procedente de Flickr cun só click de rato.
Tamén poderemos exportar contidos a un repositorio externo, os famosos e-portfolio, como Mahara. Poderemos ademais salvalos en arquivos html, pdf ou xml. O novo Moodle traerá novos módulos de feedback, unha nova wiki (creada ademais en Barcelona), novos filtros, novos bloques e unha mellor adaptación de módulos de terceiros.
Quedémonos con tres "mantras", que repetiremos todas as mañáns xirando a nosa alfombra cara a Perth, Australia:
"All of us are potential teachers as well as learners, in a true collaborative enviroment we are both".
"Think deeper about learning activities"
"Use survey modules, Feedback is the course quality"
"Do one thing, do it well"
Seguiu outra conferencia destinada a presentar o xa citado Mahara, un portfolio que se integra moi ben en Moodle. Penny Leach, cun condenado acento neozelandés, intentou introducirnos nas bondades deste novo servizo tan de moda ultimamente, aínda que con escaso éxito no que se refire á miña persoa, xa que dita variante da britannica lingua non provocou a retroalimentación necesaria no meu córtex.
Logo chegou Marc Alier , cunha "sesión de maxia". Presentou entre outras cousas esa nova wiki -Cristina-Barcelona do moodle 2.0.
A mañá rematou coa intervención de Martin Langhoff e o seu proxecto de Moodle e OLPC (one laptop per child), unha especie de ONG dedicada a proporcionar computadores portátiles, baratos e baixo sofware libre, aos países do terceiro mundo.
Pola tarde asistín a unha primeira e interesante comunicación de X. Larretxea sobre Actividades en cascada, unha experiencia que pode ser exportada a calquera asignatura.
Houbo outra ponencia sobre a xestión integral dun IES con soporte Moodle, concretamente o IES Terres de Ponent, de Mollerusa. En realidade facían con moodle moitas cousas das que nós facemos con Drupal: novas do centro, ornanigrama, composición de departamentos, repositorio de documentos, etc. A miña opinión: Cuique suum.
Sorprendeume un módulo para moodle que non coñecía, común polo demais a outros centros cataláns. Permite a reserva de aulas "en liña". Outra boa idea eran as wikis para profesores, empregadas para poñer tarefas a un alumno que falte ás clases por enfermidade.
Para mañá agárdanos unha xornada intensa, con visita ao Dr. Moodle incluída e cóctel no MACBA.
Pero, como sempre, o mellor está nos corredores, na cafetería, nos encontros, ás veces insospeitados, con outros colegas. Eu por exemplo veño de coñecer a un astrónomo canadiense, que traballou nun telescopio no deserto de Atacama en Chile, casado cunha malagueña e que vive en Inglaterra. Hoxe traballa para una universidade como administrador de moodle.
Semella que o latín ten máis futuro que a observación dos astros ...
Será en Santander o sábado 28 de xuño de 10 a 11 horas, na sesión S28A2, e espero que o doctus magister e o artifex Dedàl estean conmigo no rostra de Santander.
Lonxe daquela onda de erotismo que nos invadía, agora son as TICs as que preparan o seu desembarco na Gallaecia. Primeiro será o congreso de Internet en el aula, nas súas modalidades virtual e presencial, esta última nas cidades de Santander, Granada, Madrid e Barcelona entre os días 26-28 de xuño (inscrición gratuíta). Neste evento presento unha contribución que recolle o meu traballo en Moodle, e que leva por título "Aulas Virtuales: diseño de un curso de Latín (Moodle)". Logo virá, nos días 3-4-5 de xullo na facultade de Ciencias da Educación de Santiago, o 3º encontro de Edublogs 2008 (inscrición 40€), cun máis que interesante programa que inclúe dous días de talleres (blogs, wiki, exeLearning, iniciación a Mac, Moodle, wikispaces, Joomla, etc), e onde presentarei, invitado por Lourdes Barroso, a un "Coñecidocentauro 2.0". En setembro, días 3-4-5, chega tamén a Santiago o congreso internacional "Edutec: las TIC, puente de cultura entre Europa e Iberoamérica", cunha asombrosa cota de inscrición de 250€ e a concesión de 1-crédito-1 (10 horas). E xa no outono chega Chiron, co curso "Chiron 2.0: Clásicas na aula", organizado por SEECGalicia dentro do marco dos cursos de PosGrao, Terceiro ciclo e Formación Continua da USC (inscrición 70€), que terá lugar no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela na tarde do venres 21 de novembro e o sábado 22, en sesións de mañá e tarde, completándose ademais cunha segunda fase virtual ata chegar ás 100 horas.
Fíxeime entón que esa presentación estaba feita cun programa, flashspring, convertidor de power point a flash. Entón puxen rumbo á páxina do mesmo e isto é o que descubrín.
Este programa ten varias versións, unha que converte de power point a flash, chamada Flashspring Pro 3.0 (xenera un arquivo flash *.swf e outro index.html que contén a citada animación). Existe unha versión de pago a 199 dólares, e outra totalmente gratuíta, coas mesmas funcións e que se pode descargar dende a mesma páxina. A única diferencia é que esta última leva un pequeno logo de publicidade nos arquivos que xenera.
Outra versión do programa, de enorme utilidade para os usuarios de Moodle ou outras plataformas LMS, é a FlashSpring Ultra 2.4, que xenera, a partir dunha presentación Power Point, un paquete scorm compatible coa maioría delas. Hai unha versión de pago de 499 dólares, e outra gratuíta, coa mesma particularidade que a anterior.
Así pois descarguei ambos programas (ocupan menos de 10 megas cada un) na versión gratis total, instaleinos e comprobei o fácil que é converter arquivos *.ppt en flash, ou en paquetes scorm. Logo da instalación créase unha pequena barra de ferramentas no power point e con só darlle a un botón temos a animación feita!! Quedei sorprendido pola excelente calidade dos arquivos xerados, que respectan todas as animacións orixinais, e a súa impecable adaptación a moodle.
Todo un descubrimento para os usuarios das aulas virtuais, e, seguro, unha ferramenta de uso intensivo a partir de agora!!
Parece ser que este vindeiro curso vai ser o despegue definitivo desta plataforma, se facemos caso do que lemos nos círculos chironianos da Carthaginiensis e da Lusitania.
Antes da chegada da web 2.0. e dos feitizos da britana Circe, a miña idea do que unha páxina web de Departamento debía ofrecer non distaba moito do que hoxe intento facer neste novo mundo de aulas virtuais.
En primeiro lugar buscaba unha web onde o alumno puidese descargar recursos en formato *pdf: temas, esquemas, artigos de prensa, lecturas, esas fotocopias que entregamos na aula e que logo nos piden os que faltan...
Quería tamén unha guía de ligazóns a outras webs interesantes, un taboleiro de anuncios das actividades do departamento, unha descrición pormenorizada dos contidos de cada curso.
E todo organizado por avaliacións.
A idea orixinal segue presente. Este ano podedes ver na Aula Virtual do MGB dous cursos de Latín de Bacharelato, Latín I e Latín II, usando a entrada para convidado.
Hay outra posibilidade para visitar os cursos, que é o papel de "profesor non editor", que permite por exemplo ver os traballos dos alumnos (wikis, tarefas, glosarios, cuestionarios), a disposición de toda a comunidade Chironiana (rol de "centauro/a non editor/a")
A diferencia (e as vantaxes!) estriba sobre todo na interactividade, na participación directa do alumno nos glosarios, wikis, tarefas, na comunicación áxil polas mensaxes ou foros, nos chats (pura parafernalia 2.0, si), na personalización que se pode facer do sitio, na axuda do calendario, nas datas pechadas para probas ou entrega de traballos via web, nos cuestionarios que permiten lograr cualificacións reais(con Hot Potatoes conseguíamos uns exercicios moi válidos pero difícilmente avaliables)
A este paso teremos que engadir un novo tema ao noso programa: a moodlenización de Hispania!
Enlazando coa entrada anterior sobre Cicerón e a Oratoria, pensei nun sistema para que os rapaces puidesen contestar a unha serie de preguntas sobre un documento determinado. Para este fin usei o recurso da "wiki", un documento que pode ser editado individualmente ou en grupos.
Nestes wikis están as cuestións que os alumnos deben responder sobre os textos. O fan directamente usando un sinxelo editor que incorpora moodle. O propio sistema permite fixar un prazo para realizar o traballo e unha vez finalizado eu corrixo os exercicios co propio editor de texto, usando cores para resaltar os erros e engadindo ao final unha calificación. Tranformo despois os wikis en páxinas de só lectura para que os alumnos non os poidan modificar unha vez corrixidos.
* p.d.: dende hai uns días o sistema non funciona ou non o fai correctamente debido a unas "obras" que están a realizar dende a Consellería. Como podedes ver ten un problema cos tiles.