Baixo este suxerente título, coa pluma de Enrico Marini, e publicado por Norma Editorial, agóchase unha historia ambientada na Roma de Augusto, no ano 9 a.C., que trata sobre a amizade e aventuras de dous mozos, un fillo dun militar romano de alto rango e un refén xermano, fillo dun príncipe, que está a ser educado en Roma.
A educación, a casa romana, a vida no exército, a relixión, a excravitude, a época de Augusto, son algúns dos temas que desfilan polos dous volumes publicados ata o momento (a historia queda en suspenso, así que se espera a continuación). A elaboración dun cuestionario sobre eles que complete a súa lectura podería ser unha boa maneira de sacarlle o máximo partido nas aulas.
Con algúns momentos un pouco subidos de ton, quizais deberíamos pensar que, en comparación do que os nosos alumnos poden atopar na rede, estas escenas poden considerarse ao nivel das aventuras de Marco e Heidi (ou máis ben Mazinguer Z e Afrodita A...)Cuestionario sobre os textos.
Reseñas na rede:
Ficha editorial:

