Mostrando entradas con la etiqueta horacio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta horacio. Mostrar todas las entradas

4/6/08

PAAU Latín - Exame de setembro 2007

Nestes días onde xa estamos preparando as probas da selectividade deste ano, presentamos aquí o exame coas solucións correspondente á convocatoria de setembro do ano pasado.

21/5/07

Precious Time - Tempus fugit

Dicía nunha entrada anterior que neste curso, no tema de Horacio e a Lírica, fixemos na aula especial mención á vixencia dalgúns dos tópicos literarios horacianos na literatura posterior.
Van Morrison, na súa actuación do sábado en Santiago, fíxose eco unha vez máis, co acompañamento musical propio dos primeiros tempos da lírica, dos vellos versos de Virxilio e Horacio.
Sed fugit interea, fugit inreparabile tempus ...
Virxilio, Xeórxicas III, 284
... dum loquimur, fugerit invida
aetas: carpe diem, quam minimum credula postero.
Horacio, Odas, I, 11, 7-8
Precious time is slipping away
But you're only king for a day
It doesn't matter to which God you pray
Precious time is slipping away

It doesn't matter what route you take
Sooner or later the hearts going to break
No rhyme or reason, no master plan
No Nirvana, no promised land ...



pd: Tempus fugit, iso debeu pensar tamén o vello Van cando marchou do escenario no mellor do espectáculo e co público entregado. O tópico do Non omnis moriar ... semella para el unha preocupación anterior, dos seus comezos, seguro hoxe xa de que a súa música será como aquel monumentum aere perennius ...

9/5/07

Derivación e composición latina. Tópicos horacianos.

Quedan xa moi poucos días de curso para os alumnos de 2º de bacharelato e imos rematar este ano traballando os procedementos de formación de palabras en latín, a derivación e a composición, e a súa pegada na evolución ás linguas romances, xa que é esta unha das preguntas de "cultura clásica" que van caer no exame da Selectividade 2007, aínda que con escaso valor, só 0,75 na nota final (e ademais é a elixir entre catro, unha de latinismos, outra da Romanización da Gallaecia e unha máis de toponimia)
Para iso elaborei un documento onde se recollen os principais prefixos e sufixos, tanto na súa forma latina como a evolución ao galego e castelán, acompañados de exemplos e significados de cada un. Tamén se inclúen os elementos léxicos máis habituais que interveñen na composición erudita.
E xa que estamos cos temas das PAAU, entre os que se conta A Lírica e Horacio, na nosa aula falamos sobre todo dos tópicos literarios horacianos e a súa influencia na literatura posterior, con especial mención na literatura galega, basándome nun traballo anterior do noso pater Carlos Cabanillas.