Mostrando entradas con la etiqueta theatrum. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta theatrum. Mostrar todas las entradas

15/5/08

DÚAS BOAS NOVAS: CÉSAR E SAGÙNT


Na edición de hoxe do diario el País, podemos atopar estas dúas boas noticias, unha, o descubrimento un novo busto de César, quizais o que reproduce con maior acerto os seus rasgos físicos, e a segunda,  a decisión da Generalitat valenciana de solicitar a "inexecución" da sentencia do Supremo, que obrigaba á revertir as obras realizadas polos arquitectos Grassi e Portaceli.

28/1/08

O IMPOSIBLE RESCATE DUNHA RUÍNA

Despois de ler o artigo publicado no diario El País na edición do pasado domingo e escoitar as razóns dos arquitectos que levaron a cabo a reconstrucción do teatro de Sagùnt, un xa non está tan seguro da súa opinión anterior, que calificaba esta reconstrucción de desacertada (o certo foi que cando visitei Sagùnt hai anos sorprendeume o agresivo da intervención).
Agora sei por exemplo que se se levase a cabo a orde do tribunal o teatro volvería efectivamente a ser outra vez unha ruína, ¡pero unha ruína inventada, xa que o estado anterior procedía de varias reconstruccións efectuadas nos anos setenta!
E ademais, como apunta o arquitecto Portaceli, "si se pierde el teatro de Sagunto, ¿que se gana¿ Guste o no guste es una infraestructura que ha cambiado Sagunto".
E deste afirmación poden dar fe todos os colectivos culturais ligados ao recinto, e os miles de persoas que enchen a súa cavea ano tras ano. Uns deles nós, que visitaremos Sagùnt no mes de abril, representación teatral incluída (esperemos...) no marco no noso proxecto dos "Dos mil años por correo".
Pode ser interesante facer chegar esta problemática aos nosos alumnos. Para facilitar esa labor podedes descargar a reportaxe en formato *.pdf dende aquí.

21/1/08

CETERUM, CENSEO ...

Como un novo Catón non podo máis que unirme a ese clamor procedente da antiga Tarraconensis e que se escoita mesmo dende a lonxana Gallaecia.
Son moitas as voces que se unen contra a recente sentencia do tribunal supremo que conmina á restitución ao estado orixinal do teatro de Sagùnt antes da polémica, en na miña opinión moi desarcertada, reconstrucción do monumento.
Non vou engadir nada novo que non dixeran antes as voces gregas, a levantina Hipólita, a voz da experiencia dun xove magister de Figueres ou do noso pater da Lusitania, ecos que chegan mesmo ao xardín das Hespérides ou á lagoa Estixia, e que repite o gran Iaenus e a dulce Nausicaa, a voz de Calíope, nun canto ao carpe diem, e que arden con intensidade na chama de Vesta, baixo a atenta mirada de Hermes. Pois o dito, ceterum censeo ...