Onte presentei Dives Gallaecia no palacio de Congresos de Santiago, acompañado de Marisa Otero, dentro das xornadas escol@tic, organizadas polo CAFI, a quen agradezo dende aquí a súa invitación.
Despois da vídeo-presentación do proxecto intentei explicar o meu modus operandi cotiá á hora de enfrontarnos como profes ao mar de información que nos rodea. Falei de cómo debe ser a nave que pilota o gubernator, das redes e canas coas que se pode axudar, da pesca final e da súa almacenaxe, etiquetado e envasado posterior.
Tamén dos mariñeiros e das ferramentas colaborativas coas que traballamos en Dives. Da colaboración coa Galipedia e Wikimedia Commons. Do hic et nunc, ou de cómo seguimos sendo romanos hoxe en día, dos Loci, dos Museos, do Aurum.
No turno de preguntas, que foron moitas, intentei responder o mellor que puiden e pido desculpas dende aquí se non souben dar mellor contestación a algunha delas.
Esta foi a miña presentación en formato Prezi
Mostrando entradas con la etiqueta docencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta docencia. Mostrar todas las entradas
22/3/14
29/4/11
Un centauro na corte do rei Ortega
Mércores 27 de abril, 2011. Un dos últimos bolos da tempada. III encontro de experiencias Proxecto Ponte dos Brozos, patrocinado pola Fundación Amancio Ortega. Centro tecnolóxico de Arteixo. Na avenida de Arsenio Iglesias. Edificio Ultramoderno. Sillóns de pel no auditorium. Madeiras nobres. Dentro, todo o que un centauro 2.0 poida necesitar. Preséntanse varias experiencias en formato Pecha Kutxa. 20 diapositivas programadas de 20 segundos cada unha. Non todo o mundo o segue. Me gusta. Antídoto contra ponentes non gratos. Se non interesa, son só 6 minutos de suplicio. Bonum si breve, bis bonum. En definitiva, nihil novum sub sole.
10/4/11
Os números dun centauro de 5 anos
Nas tardes destes últimos dous venres, 1 e o 8 de abril, cambiei de escenario e de auditorio. O último bolo deste "non ending Tour" levoume ás aulas da USC, dentro do curso de Iniciación á Metodoloxía Científica, organizado (por segundo ano xa) por SEECGalicia. Diante de min preto de 30 persoas, na súa maioría estudiantes de Filoloxía Clásica (si, aínda quedan!), pero tamén algúns profes.
Comecei por unha introdución ao mundo 2.0, repetindo mantras e tópicos xa consolidados (pero non por iso menos válidos), como a colaboración, a formación de redes e grupos, as gañas de aprender e de equivocarse, o cambio metodolóxico que implican as novas ferramentas, os novos alumnos que habitan nas aulas do s. XXI...
Na segunda xornada, nunha tarde onde se rondaron os 30 graos de temperatura, presentei a Chiron unha vez máis. Recursos, Comunidade, Historia, Presente e Futuro do noso Proxecto. Números, luces e sombras.
Queda agora a última fase. Dende a Aula Virtual de SEECGalicia agardan unhas tarefas para aprender a usar os recursos presentados e mesmo contribuír con aportacións propias.
De toda a presentación quero destacar aquí unha diapositiva. Os números de abril, ano 2011.
5 anos despois do seu nacemento, o centauro segue medrando. Xa non é un neno. E quizais por iso necesite máis atención que nunca. Pode que unha nova estancia en Compostela este outono contribúa a refrescar ideas e a recuperar ese dinamismo dos primeiros anos, hoxe perdido, e que tanto botamos de menos.
Etiquetas:
chiron,
cursos,
docencia,
SEECGALICIA,
usc
5/12/10
Novela Histórica e dereitos de autor

Hai unhas semanas o profesorado galego recibiu esta información da Consellería:
---------
(Texto proposto polo grupo de traballo constituído a instancia da Comisión Xeral da Conferencia Sectorial de Educación para analizar o límite legal da ilustración para o ensino, establecida na Lei de propiedade intelectual)
INFORMACIÓN PARA OS CENTROS ESCOLARES SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
A Administración Educativa debe impulsar o respecto aos dereitos de autor nas aulas e na xestión e actividade diaria dos centros. É por isto que todos os membros da comunidade educativa deben coñecer que a propiedade intelectual dunha obra literaria, artística ou científica corresponde ao autor por o só feito da súa creación, e que ser autor conleva o ter recoñecidos unha serie de dereitos que todos debemos respectar.
A Lei de propiedade intelectual regula eses dereitos e tamén nos describe os límites que se lles aplican.
En concreto, o profesorado da educación regrada non necesita autorización do autor para realizar actos de reprodución, distribución e comunicación pública de pequenos fragmentos de obras ou de obras illadas de carácter plástico ou fotográfico figurativo.
Esta utilización unicamente pode ter lugar para a ilustración das actividades educativas nas aulas; e as obras, para poder utilizarse de forma fraccionada, han de estar, previamente, divulgadas, e no posible, o profesorado deberá facer referencia a quén é o autor e a fonte de onde se extraeu o fragmento.
Santiago de Compostela, outubro de 2010
-----------
Hai anos xa que veño traballando nas miñas clases con pequenos fragmentos de ensaio ou novela histórica. Neles cito sempre ao autor, ano de publicación, editorial e páxinas utilizadas. Acompaño ao final unha serie de preguntas relativas ao texto empregado.
Antes creaba sempre unha tarefa de edición en liña no moodle, onde copiaba estas cuestións para que os meus alumnos as editasen despois. Agora, coa implantación no noso centro de Google Apps, creo unha tarefa non en liña na Aula Virtual só para poñer as cualificacións pero fago as correccións nos documentos que os rapaces comparten comigo en Google Docs (a edición é para eles moito máis sinxela e fiable e eu podo insertar comentarios cunha nota á marxe ao corrixir).
A comunicación da Consellería animoume a publicar estes cuestionarios, que tan bo resultado me levan dando.
Antes pasaba moitas horas escaneando as páxinas e retocándoas despois cun programa de recoñecemento de caracteres (OCR). Pero hai pouco descubrín que outras persoas fixeran antes por min este engorroso traballo e que practicamente toda canta novela histórica hai publicada neste país pode atoparse en *.pdf ou en *.doc cunha simple pregunta (capciosa, eso sí...) ao mago Google.
Antes pasaba moitas horas escaneando as páxinas e retocándoas despois cun programa de recoñecemento de caracteres (OCR). Pero hai pouco descubrín que outras persoas fixeran antes por min este engorroso traballo e que practicamente toda canta novela histórica hai publicada neste país pode atoparse en *.pdf ou en *.doc cunha simple pregunta (capciosa, eso sí...) ao mago Google.
Aquí queda unha pequena lista dalgúns dos fragmentos que eu traballei, coas cuestións na última páxina, por se poden ser de utilidade para algún colega.
- Rómulo e Remo (Steven Saylor, Roma) (versión en castelán)
- Los Etruscos (Friedhelm Prayon, Los Etruscos)
- A carreira ao consulado (F. Pina Polo, Marco Tulio Cicerón)
- Cursus honorum (Tom Holland, Rubicon)
- El duelo con Cartago (P. Grimal, Historia de Roma)
- Rubicón, Prefacio (Tom Holland, Rubicon)
- Cicerón, Introducción (F. Pina Polo, Marco Tulio Cicerón)
- Plauto. La tarde del estreno (S. Posteguillo, Africanus el hijo del Cónsul)
- Plauto. A tarde da estrea. (S. Posteguillo, Africanus el hijo del Cónsul - Versión en galego)
* imaxe de btr1dot.com en flickr
Etiquetas:
docencia,
google,
mgb,
novela histórica
3/12/10
A Web 2.0 (sive One Love)
Vale, xa sabemos que non é un título moi orixinal, pero así foi presentada a miña ponencia nun bolo moi especial que tiven esta semana que hoxe acaba.
O mércores, logo de pasearme co LLPSI nas mans entre os pupitres dos meus alumnos de 1º de Latín enumerando as armas e demais equipamento dun miles romanus, puxen rumbo a un dos mellores hoteis de Santiago, onde me esperaba unha audiencia dunhas 50 persoas, de 30 a 80 anos, e un inhalámbrico diminuto conectado dende a miña camisa a un equipo de son que sería envexa da mesma París de Noia.
Alí disertei sobre a Dura lex, sed lex, que outorga ao alumno o dereito a ser formado coa competencia dixital necesaria, sobre o nacemento da 2.0 (Atenea xurdindo da cabeza dun Zeus de só lectura?), sobre nativos e inmigrantes dixitais. Falei de compartir, de participar, de grupos e redes, da folksonomía e das etiquetas, e das "gañas de equivocarse" que tantas veces invoco e que escoitei por vez primeira ás sabias Voces Gregas.
A Unión de Consumidores de Galicia, por "esas cosas raras de la vida", púxose en contacto comigo para participar nunhas xornadas que levaban por título "As Asociación de Consumidores no século XXI".
Malia que no tríptico o meu nome figuraba co epígrafe de "Técnico da Consellería de Educación", eu presenteime como o que son, profesor de latín de setembro a xuño (vale, isto último non o dixen...)
E teño que dicir que, a medida que ía falando e pasaban as diapositivas, empecei a notar unha especial conexión coa xente, esa empatía que che fai sentir que realmente te están escoitando, e o que é moito peor, que te están escoitando con interese e atención, o cal, para un profesional do ensino non deixa de ser unha auténtica bendición, vindo como vimos doutros mundos (pero que están neste...)
E se ao final chegan os aplausos e as felicitacións persoais á saída digamos que xa entramos directamente nos campos Elíseos dos ponentes xustos.
No turno de preguntas houbo un chaval (digamos de tres cuartos de século...), algo ofendido quizais pola fenda dixital que mostraba o vídeo do Pai e Fillo e o portal Wap, que nos retaba a que o pechásemos nunha habitación cun nativo dixital adolescente, e que logo de "cortarlle o cable" (sic) lles puxésemos aos dous cantas operacións matemáticas ou traducións de latín quixeramos, e a ver quen resolvía mellor. (logo, nunha segunda intervención, propuxo tamén unha nova clasificación para os grandes inventos da humanidade, onde a anestesia quedaría por diante da roda, da imprenta ou do ordenador. E non vou ser eu quen llo discuta...)
E para rematar o post (unidade de medida na comunicación 2.0) este vídeo que nos amosa o poder da colaboración, da intelixencia colectiva, das redes que podemos crear (e o incrible talento musical que teñen algúns...)
30/4/10
Chiron en Ourense
O pasado mércores tivo lugar en Ourense unha sesión máis do curso "A lingua latina na LOE", organizado polo CFR da cidade. Logo das intervencións en días anteriores de Fernando Lillo e Xosé Manuel Otero, chegou o meu turno para presentar a Chiron ante un grupo de profesores de Clásicas, onde non faltaban vellos amigos, compañeiros de carreira e mesmo participantes daquel xa mítico curso de "Chiron en Compostela"....
A cidade das Burgas, que fóra a miña casa durante os 9 anos que botei no IES San Mamede de Maceda, recibiume con más de 30 graos de temperatura e despediume, logo da triste hecatombe azulgrana, con unha espectacular tormenta que non aforrou saraiba, chuvia, tronos e lóstregos.
Esta primeira aproximación ao proxecto serviunos para coñecer todo o que se agocha na nosa web: os recursos (Galerías de imaxes, vídeos, presentacións, documentos, Wiki de Recursos, Marcador social, Calendario), a Comunidade (Planeta de Blogs, Rede social, Aula Virtual, Foro), o traballo na formación do profesorado, a Defensa das Clásicas.
Houbo tempo tamén para falar de como nace un Centauro, facer balance do acadado nestes anos (con luces e sombras), e tamén para os díxitos, que non paran de medrar día tras día. Crece o número de colaboradores, e crecen tamén os traballos subidos.
O vindeiro mércores será o día onde poremos en práctica todo o aprendido nesta última xornada. Mediante un curso deseñado na Aula Virtual realizaremos unha serie de tarefas para aprender, en primeiro lugar, a buscar información nas seccións de Chiron, e para colaborar activamente despois, colgando os nosos propios materiais na rede.
E como falabamos antes de números, aquí vai unha mostra:
3/12/09
As TICs nosas de cada día
Ese foi o título que me inspirou a Musa (aliquando dormitat Homerus...) para unha xornadas que impartín onte no centro de recursos para profesores (CFR, antes CEFOCOP, antes CEFORE ou CEFIRE...) da Coruña. Quixen contar a experiencia do meu centro, o papel que como dinamizadores TICS (os Tikismiquis, que xa temos alcume...) xogamos tanto eu e o meu colega Sindo Monteagudo. Quizais podades encontrar aquí algunha boa idea que vos poida servir a vós...
Houbo tamén tempo para algunha que outra reflexión. O papel do profesor cando se transforma en alumno. Ao mellor é unha traizón do subconsciente e sentimos un desexo irrefreable de facer xusto aquilo que detestamos que nos fagan a nós...
Porque, acaso deixamos que os nosos alumnos teñan o móvil encendido durante a clase? deixamos que contesten, se teñen algunha chamada, as criaturas....? consentimos que coman na aula, se teñen fame, pobriños? parécenos ben que estén a facer outras cousas que nada teñen que ver coa materia mentres explicamos? A todos nos pasa, tódolas mañáns. Non o soportamos, prohibímolo, rifamos, castigamos, berramos, ameazamos.
Pero pola tarde temos curso, e entón opérase a transformación...
21/11/09
Sexo, mentiras e ponencias de Clásicas.
Ave Viator.
Se estás lendo esta entrada ou ben es un amigo ou seguidor deste blog ou ben premeches na ligazón atraído polo absurdo do título. Non hai sexo (esa é a mentira). O único que atoparás aquí é unha ponencia de Clásicas presentada no Inforensino de Lugo 2009 e á que só acudiron 5 persoas. Había outras dúas ponencias simultáneas, as dúas abarrotadas de xente.
"Proxecto Chiron (así rezaba o título, e ata aí ben...): Estudos Clásicos na web 2.0" (desafortunado como pouco)
É certo que logo había un epígrafe explicando que se trataba dun proxecto colaborativo de profesores, etc. Demasiado tarde. A maioría da xente quedouse na primeira liña. O de Estudos Clásicos foi o pasaporte directo ao desastre.
Vale viator.
Se estás lendo esta entrada ou ben es un amigo ou seguidor deste blog ou ben premeches na ligazón atraído polo absurdo do título. Non hai sexo (esa é a mentira). O único que atoparás aquí é unha ponencia de Clásicas presentada no Inforensino de Lugo 2009 e á que só acudiron 5 persoas. Había outras dúas ponencias simultáneas, as dúas abarrotadas de xente.
"Proxecto Chiron (así rezaba o título, e ata aí ben...): Estudos Clásicos na web 2.0" (desafortunado como pouco)
É certo que logo había un epígrafe explicando que se trataba dun proxecto colaborativo de profesores, etc. Demasiado tarde. A maioría da xente quedouse na primeira liña. O de Estudos Clásicos foi o pasaporte directo ao desastre.
Vale viator.
Etiquetas:
chiron,
cursos,
docencia,
inforensino,
Lugo
10/11/09
Web 2.0. CFR de Santiago
Con este título tan pouco orixinal comezo hoxe un curso organizado polo Centro de Profesores e Recursos (CFR) de Santiago, respondendo á confianza que temerariamente depositou en min o amigo Benxa.
Así que esta tarde disertarei sobre esta presentación, elaborada a partir de traballos anteriores de varios e preclaros quironianos "que en el mundo han sido...".
Nesta páxina recóllese un impresionante catálogo de recursos educativos na web 2.0. Semella que nos falta tempo para fedellar en todo o que aí sae...
Así que esta tarde disertarei sobre esta presentación, elaborada a partir de traballos anteriores de varios e preclaros quironianos "que en el mundo han sido...".
Nesta páxina recóllese un impresionante catálogo de recursos educativos na web 2.0. Semella que nos falta tempo para fedellar en todo o que aí sae...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


