Mostrando entradas con la etiqueta vida cotiá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vida cotiá. Mostrar todas las entradas

26/5/07

A arqueogastronomía de KuanUm



Navegando polo proceloso mar dos planetas de Chiron, vin a dar coa xente de KuanUm, un peculiar equipo de arqueogastrónomos, que o pasado mes de xaneiro ofreceron unha degustación do mulsum e o defrutum romanos, nunha exposición sobre o castro de Elviña que tivo lugar na Coruña, tal e como recolle a Voz de Galicia na súa edición dixital.

Neste artigo, do que fixen unha edición en *pdf incluíndo as imaxes aparecidas no suplemento dominical do periódico e unhas cuestións para os alumnos, podemos descubrir o que se comía na antiga Gallaecia, tomando como base os restos arqueolóxicos, así como aventurarnos na elaboración dalgunha receita romana.

30/4/07

A vida cotiá na Galicia romana

Este é o título do libro de Ana María Suárez Piñeiro, publicado en Ed. Lóstrego, Verín-Santiago, 2006.
Segundo nos conta Xavier Lombardero nunha reportaxe publicada na Edición Dixital da Voz De Galicia do 27/04/07, a vida cotiá dos galegos de hoxe en día débelle moito ao mundo romano.
Tomando como exemplo a cidade de Lucus Augusti, a autora fai un repaso dos centros termais da Galicia romana, recorda as ocupacións favoritas do ocio (caza, xadrez romano, dados, tres en raia), costumes de aseo persoal, cambios na dieta (industria do salazón, introducción do viño, etc.)
Fala tamén da hipótese do Teatro e Anfiteatro de Lugo, aínda non confirmada pola arqueoloxía.
O que sí parece confirmado é a importancia de Lugo e a súa muralla, e resalta que o seu fundador, Paulo Fabio Máximo, aínda non teña unha rúa que leve o seu nome.
Podedes descargar este artigo de prensa en formato *.pdf picando aquí.

28/10/06

Restauración dun burdel en Pompeia



A prensa dos últimos días (El País, El Mundo, The Times) facíase eco da restauración por arqueólogos italianos do famoso "Lupanare" de Pompeia. Recollín esta información das fontes citadas anteriormente e elaborei un arquivo en *.pdf que contén varias fotos dos frescos. Podédelo descargar dende aquí. Convén ir acostumando ós nosos alumnos a manexar documentos en varios idiomas así que respetei as fontes orixinais e deixeino en castelán e inglés.