Mostrando entradas con la etiqueta gijón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gijón. Mostrar todas las entradas

24/9/10

Alfa e Omega

Alfa e Omega. Principio e fin. Setembro e xuño.
Chiron en Gijón, primavera do 2008. Un tema de Santiago Menor, dende Avilés.
Imaxes: La mirada griega.
Para Nausícaa e Ricardo, dende a Dives Gallaecia:

25/4/08

CHIRON EN GIJÓN

Veño de pasar dous días nesta preciosa cidade cantábrica, de abrumadora oferta cultural, recibido por un sol espléndido logo de moitos días de chuvia incesante. Acudín invitado a participar nunhas xornadas organizadas polo CPR de Gijón, onde presentei a ponencia titulada "A web 2.0 na didáctica das linguas clásicas: o proxecto Chiron".
Foron dúas xornadas de 3 horas cada unha onde, fronte a un auditorio de 25 entusiastas profesores de clásicas (un éxito de participación que sorprendeu mesmo a Carlos Lomas, organizador do evento), intentei dar a coñecer en primeiro lugar as posibilidades que ofrece a nova web 2.0 na didáctica das clásicas, para pasar a continuación a presentar o Proxecto Quiron, dende o seu nacemento ata as ferramentas coas que conta na actualidade.
Despois de que o auditorio aguantara impasible a case hora e media que me levou facer un percorrido polas características e ferramentas que presenta a nova internet, seguimos cunha parte máis práctica, centrada na matriculación dos asistentes nos cursos da Aula Virtual de Chiron e na creación por parte de cada profesor dun curso propio. Xogamos polo tanto os dous papeis protagonistas do noso mundo educativo, fomos primeiro alumnos e despois profes. As dúas caras da mesma moeda. Así, aprendemos a introducir varios tipos de recursos educativos no curso virtual (recursos *pdf, recursos web, vídeo) e compartimos as nosas opinións no foro.



Pero houbo máis.
Como sempre, deixando as máquinas e a tecnoloxía en segundo plano, que é o que se merecen (sobre todo windows, e máis aínda se falas cun MACkero convencido como Carlos...) imponse o trato humano.
Creo que xa temos quen faga a versión en bable da web de Chiron, e por se fose pouco, Xosé Nel promete tamén colaboración e xogos en flash para latín.
Tamen tiven a oportunidade de coñecer á Esther Castro, da Asociación Asturiana de profesores de griego y de latín, Céfiro (inmediatamente quixen subir a ligazón a Diigo pero alí topeime coa sorrinte dilixencia da nosa Polivalente Ana)
E as profesoras de Santiago Menor, alumno de Avilés, déronme a oportunidade de pechar este post con este incrible rap do alfabeto (grego). Preme sobre el co botón dereito do rato para descargalo (Gardar destino como).