Este foi o exame de latín para os alumnos que se presentaron ás probas de Selectividade de setembro en Galicia.
Exame de latín nas PAU de Galicia - Setembro 2012
Mostrando entradas con la etiqueta latín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta latín. Mostrar todas las entradas
11/6/12
Exame das PAU de Latín - xuño 2012
Este foi o exame que tiveron que facer os nosos alumnos o pasado xoves.
Na opción A, un texto de Eutropio sobre a guerra de Roma contra os tarentinos, moi asequible e que ademais tivemos a sorte de facer en clase, co famoso Hi Pyrrhum, que alguén traduciu por "Que tal? Pirro.."
As cousas do plurilingüismo.
A opción B "A raposa e a aguia", de Fedro, presentaba xa máis dificultades, fundamentalmente porque é un texto mutilado, como podemos ver máis abaixo, o que sen dúbida dificulta a súa compresión (o verso que falta é a oración introducida pola conxunción ne e constitúe o CD do verbo orare, cuxo sentido queda así incompleto, e a frase "tuta quippe in ipso loco" enténdese de verdade cando traducimos a última parte da fábula, na que a raposa se toma cumprida vingaza e consegue que a aguia devolva as crías sans e salvas, ao non ser tan "seguro" o nido como se pensaba).
As demais preguntas seguen a tónica habitual dos últimos anos, aínda que un se pregunta se non habería lecturas máis proveitosas que o discurso de Calgaco...
pd: Esta sería a versión completa da fábula de Fedro (en negriña, os versos da proba)
Liber I, 28
Quamvis sublimes debent humiles metuere,
vindicta docili quia patet sollertiae.
Vulpinos catulos aquila quondam sustulit,
nidoque posuit pullis, escam ut carperent.
Hanc persecuta mater orare incipit,
ne tantum miserae luctum importaret sibi. (verso mutilado)
Contempsit illa, tuta quippe ipso loco.
Vulpes ab ara rapuit ardentem facem,
totamque flammis arborem circumdedit,
hosti dolorem damno miscens sanguinis.
Aquila, ut periclo mortis eriperet suos,
incolumes natos supplex vulpi reddidit.
Paau Latin Xuño 2012

Etiquetas:
Eutropio,
Fedro,
latín,
PAAU,
selectividade
19/9/11
Exame de latín - Selectividade setembro 2011- Galicia
Este foi o exame para os alumnos de Latín que acudiron ás probas de Selectividade de setembro en Galicia.
No texto de Eutropio aparece unha frase, obxecto ademais de comentario gramatical, que sen dúbida tivo que representar un obstáculo importante para os alumnos (na liña, dende logo, daquela que tantos comentarios motivara no exame de xuño)
Referímonos á subordinada consecutiva "ut Romanis (toto orbe victoribus) sola navigatio tuta non esset" (incluída, por certo, nos traballos da wiki PaulatimGallaecia)
A parte entre paréntese foi suprimida, como tamén se fixera con Espartaco e o seus compañeiros no exame anterior.
Se a intención era facer o texto máis sinxelo, non sería mellor usar as notas a pé de páxina que suprimir partes do texto orixinal ou elixir outro texto sen tantas complicacións?
Difícil polo tanto a cuestión gramatical seguinte.
As preguntas de Literatura e Mundo Clásico, na liña habitual. Moi acertada paréceme a do resume da historia de Orfeo e Eurídice segundo Ovidio.
En cambio, a elección do texto de Fedro semella do máis desafortunado. É practicamente imposible que un rapaz poida chegar ao sentido final do texto, non tanto pola dificultade gramatical e de vocabulario, que tamén existe, senón pola mensaxe que se agocha tras as liñas, e que esixe un coñecemento do contexto socio-político da Atenas do s.VI do que desgrazadamente carecen os nosos alumnos.
En resume, mala, moi mala elección dos textos, e edición deficiente dos mesmos (sen notas ao pé e con supresións respecto ao orixinal).
E se por riba temos en conta que se trata dun exame de setembro, que pretende recuperar aos alumnos que non foron quen de aprobar en xuño, pois xa non queda moito que engadir.
17/9/11
O pantalón no armario
O vindeiro luns os Centros de Galicia deixarán xa de ser un conxunto de corredores silenciosos e medio a escuras. O luns chegarán os alumnos deste curso 2011/2012, que comeza cos problemas inherentes a esta crise que nos invade (e non remata), por moito que para a Consellería todo entre dentro da máis estricta normalidade (se por normal se entende unha manifestación masiva do profesorado contra os recortes na Educación e os abucheos que recibiu o Conselleiro no pomposo acto de inauguración que perpetrou en Ourense).
Pero hai máis. Seguimos con esa absurda pretensión de que temos Centros "plurilingües", esa gran mentira que agocha unha gran verdade, e que sabemos ben os profesores: os nosos alumnos non dominan suficientemente o galego e o castelán, non teñen vocabulario suficiente e a súa expresión escrita deixa moito que desexar (pero claro, tampouco tiñamos cartos suficientes para unha "Cidade da Cultura", e aí está). Fai un sol de carallo.
Máis datos alentadores para o ensino público galego: dos preto de 86.000 alumnos de secundaria en Galicia, 26.000 pertencen ao ensino privado ou concertado. Pero, por qué, por qué, por qué? (que diría Mourinho...)
O IES Rosalía de Castro de Santiago, que vén de recibir un millón de euros da Consellería, foi o elixido polo Conselleiro para inaugurar o curso en Secundaria. Asegurouse ben non ir a calquera, non vaia ser que tivese que saír pola porta de atrás. Claro que os que vivimos nesta cidade moitas veces nos preguntamos se é este un centro público ou privado. Tan só hai que mirar a matrícula para descubrir qué pais e nais matriculan alí aos seus fillos, na maioría dos casos falseando os domicilios (coñezo casos nos que as vivendas familiares están a 10 kilómetros da cidade...)
Seguimos. Esta vez coa enésima gilipollez que se lle acaba de ocorrer ao listo de turno do ministerio. Os alumnos repetidores de 1º de Bacharelato manterán os aprobados (e menos mal que o Supremo tumbou a pretensión de que alumnos con 3 ou 4 asignaturas suspensas puidesen matricularse en segundo!).
Ou sexa, que tes que aturar a uns rapaces en clase que poden facer (ou non facer) o que lles pete, coa seguridade de que teñen a materia aprobada. Xenial. Eu teño tres en TICs, a ver que fago con eles.
Se agora o debate de moda é considerar (ou non) que o despilfarro é delito, propoño hic et nunc considerar delito penal calquera tipo de aberración educativa en modo de lei ou decreto, realizada por pseudoespecialistas que non teñen en conta aos verdadeiros profesionais que baixan á area todos os días.
Máis novidades. Restruturación dos Centros de Formación de profesorado. O Conselleiro inaugura (non para este home) o CAFI (Centro autonómico de Formación e Innovación), segundo el para facer máis eficiente e atractiva a formación. A min a xente que traballa nos CFR non me fala de eficiencia nin de atractivo. Fálanme de máis recortes de persoal, de menos investimentos.
Chega o turno da falar xa do meu centro, das situación das Clásicas no IES Manuel García Barros da Estrada.
Pois ben, o grego está morto, coa titular da materia desprazada e sen ningunha posibilidade de formar grupos de Cultura Clásica ou Grego I, dada a escasa ou nula petición por parte do alumnado. Algún día falaremos aquí polo miúdo da situación desesperada na que se atopa esta materia. Hoxe non toca.
En latín de 4º de ESO, e tras unha intensa campaña publicitaria na primavera, teño un grupo de 14 alumn@s. Hai que ir polo cliente. Mahoma e a montaña.
En latín de 1º de Bacharelato seremos 12 (todas rapazas!), coa novidade de comezar dende cero, xa que non tiven grupo de 4º o ano anterior (síntoo por elas, pero imos ter que poñernos as pilas dende o primeiro día, temos un curso que recuperar!)
En latín de 2º de Bacharelato somos xa vellos coñecidos. Levo con este grupo de 8 alumnos e alumnas tres anos, dende 4º.
Completo horario con dous grupos de TICS de 1º BAC, e chego así ata as 19 horas lectivas, sen gardas, iso si, non vaia ser que teña que ir coller os nenos das mans cando baixen do autobús. Porque agora, ademais de gardas de aula, de biblioteca, de recreo, teremos "gardas de autobús".
Unha pregunta, absurda claro: para cando un corpo de vixiantes-coidadores escolares, como noutros países? Pois mira ti que non ían saír prazas aquí na Gallaecia, e co paro que hai...
Comezamos. Agora si. Con novo proxecto. Deixarei xa o pantalón curto no armario (o luns, que hoxe aínda fai bo día)
*Imaxe en Flickr da praia do Vilar: ceos anubrados, mareira/forte mareita no curso escolar 2011/2012
25/9/10
Latín: exame de Selectividade de setembro 2010
Este foi o exame oficial na Comunidade de Galicia nas probas das PAAU de setembro 2010.
Un exame, como o de xuño, que se axusta ao programa enviado polo coordinador. Textos moi asequibles, sobre todo o de Eutropio. O nivel xusto, creo eu, para un alumno de 2º de Bacharelato.
O texto de Fedro, como pasa case sempre ao quedar cortada a fábula, non se entende demasiado ben. O alumno, logo de traducir o texto latino, se antes non leu a fábula en tradución, pode quedar con moitas dúbidas sobre o verdadeiro significado desta fábula (con ese pauciño do final...), que Esopo creou para ilustrar a situación de descontento en Atenas coa chegada da dictadura de Pisístrato. Deberemos polo tanto recomendar ler as fábulas completas de Fedro previamente, para ter así unha idea de tódalas historias alí contadas.
18/9/10
Omne principium difficile
Como tódolos setembros produciuse outra vez a milagre, a cerimonia de transformación. O paso das estacións. Volvemos.Escoitamos con ledicia como outros compañeiros gañan fieis, e mesmo logran bula para abrir a igrexa a un só feligrés (aquí gastámolo todo na cidade da Cultura e logo pasa o que pasa...)
Do meu recente periplo por terras catalanas, ademais do privilexio da visita a Girona con tan egrexio cicerone (outros non puideron asistir por mor dos males propios da xuventude), traio noticias sobre o novo calendario que nos espera, e que estreaban alí este curso: comézase unha semana antes e logo en febreiro-marzo vén unha semana de vacacións, comúnmente coñecida como semana branca, aínda que a xulgar polo visto na viñeta quizais habería que pensar na mudanza de calificativo. Tamén comezaba alí a implantación dos libros dixitais, algo parecido ao "Proxecto Abalar". En principio somos todos moi modernos e renovadores, quizais para acabar onde xa estabamos: cos libros tradicionais escaneados e presentados en pantalla.
En Galicia comezamos o curso cun recorte importante de profesorado, con máis alumnos por aula, cun decreto para o uso do galego que vai ser ignorado olímpicamente nos Claustros, e cunha paixón colectiva, enfermiza case, polas seccións bilingües, aínda a risco de esquecer a nosa propia.
No IES Manuel García Barros da Estrada desaparece o Grego neste curso. Despois de que apenas un par de alumnos escollesen a asignatura e dada a imposibilidade de crear grupos con tal número, a titular de Grego foi desprazada a un centro de Santiago. A situación desta materia semella xa desesperada. Se non se toman medidas rapidamente as cousas só poden ir a peor. Non creo que sexa toda a culpa da Administración. Son os rapaces os que non a piden. Ou se cambia o programa de xeito radical ou o descenso de alumnado será imparable. O aoristo, a voz media e a reduplicación terán que ceder o paso a outros contidos más axeitados para os rapaces do século XXI.
Ademais do grego tamén perdemos, eu neste caso, o latín de 4º de ESO. A progresión desta materia foi alarmante: de 20 alumnos hai dous anos, 10 alumnos o ano pasado e ningún neste (só a pediron 2 e como optativa e o recén creado itinerario LATIN-MUSICA non foi escollido por ninguén!). É só un feito puntual? Cambiarán as tornas no futuro?
Así comezamos este curso de 2010/2011. Algo nos avisa, na boca do estómago, que mañá subimos ao escenario.
Con menos público.
*Viñeta publicada no diario La Manyana, de Lleida

15/11/09
PAAU 2009/2010. Proba e modelo de exame de latín.
Lonxe da Idade de Ouro na que o coordinador López Pereira convocaba aos profesores para explicar o modelo das probas e recibir suxerencias sobre as mesmas (con escasa asistencia dos mesmos, todo hai que dicilo...), este ano recibimos a primeira información a mediados do mes de novembro, aínda que a circular está datada en outubro. No correo recibido nos Centros, alomenos no meu, no vén ningún arquivo adxunto, só un aviso de que está actualizada a parte da web que se refire a Latín.
Despois de picar aquí e alá chegamos por fin á páxina en cuestión, para atoparnos con poucas novidades. A máis destacable o cambio de coordinador. López Pereira deixa o seu cargo e substitúeo José Carracedo. Ademais a obra de Plauto elixida no apartado de lecturas pode ser "Anfitrión" ou "Xemelgos", de acordo co programa do festival de Teatro Grecolatino de Lugo 2010 organizado por SeecGalicia, que por certo sufriu un cambio de programación de última hora.
Nas lecturas seguimos igual, como se comentara na última asemblea de SeecGalicia: mal elixidas e de autores que non están no programa. O tema de Literatura é "A Lírica e Horacio", e as lecturas son de Catulo, o tema e "Cicerón e a Oratoria", e a lectura de Tácito. E como se pode dar a elixir entre a lectura de Xemelgos ou Anfitrión ou o visionado da película “Golfus de Roma”? E que nas PAAU de Grego poden elixir entre a lectura de Homero ou a película Troia? Non é de recibo poñer ao mesmo nivel a lectura en tradución dun texto orixinal latino cunha paiasada de Hollywood. É esa a visión do mundo clásico que lle queremos dar aos nosos alumnos?
Aquí queda esa circular informativa e o modelo de exame proposto:
Circular Modelo Exame 09 10

22/9/08
Latín: lingua flexiva en "issuu"
Un dos primeiros temas que nos aparecen nos currículums de 4º ESO e de 1º de bacharelato. Elaborei unha presentación en power point sobre este tema, imprimínna en *.pdf e logo cargueina neste servizo de publicación 2.0. As posibilidades que nos ofrece son máis que interesantes de cara aos traballos propios ou dos nosos alumnos: fácil uso, gratuíto, calidade impecable.
11/9/08
O aceite do velón
Dende logo aínda temos moito que percorrer ata chegar aos 45 anos de servizo de Don Francisco, aínda que pode que algún este xa moi preto de conseguilo...Este curioso azulexo que adorna unha rúa de Olivença/Olivenza, un pobo extremeño que foi sucesivamente español e portugués, pode ser un bo aliciente para comezar este novo curso que trae moitas novidades baixo o brazo.
Tras moitas horas como profesor de alterne o curso pasado, este ano comezarei con dúas asignaturas completamente novas, o latín de 4º de ESO (3 horas) e as Tecnoloxías da Información e comunicación de 1º de Bacharelato (4 horas). Impartirei tamén Latín I e Latín II nos cursos do Bacharelato (4 horas cada un).
Lonxe do síndrome da Aula Baleira, eu aínda precisaría un par de semanas máis antes de poñerme detrás do mostrador para atender aos novos clientes (son tantas as novidades, tantas as mercadorías que temos que colocar na tenda...)
E de algo deben valer as aulas virtuais, os nós que tecen as redes dos centaur@s, os proxectos e as viaxes dos dous mil anos, porque a matrícula aumentou espectacularmente. Vou ter 20 alumnos en Latín de 4º, outros 20 en Latín I e 10 en Latín II. Semella que voltamos aos tempos do BUP (non, non, que va, que daquela cheguei a ter ata 42 nun aula de 2º de BUP)
En 4º de ESO empezarei, como moitos outros compañeiros, co método de Orberg, Lingua Latina per se Ilustrata, nun primeiro paso da queima controlada de libros, que comezara xa nos anos 60 cos suxeitadores. Como tamén pasou en Andalucía, fixádevos no que di o propio Currículo do DOG de 13 de xullo de 2007: "...parece recomendable seguir un método natural en que as regras morfosintácticas se deduzan da práctica da lectura e da tradución e no cal a súa aprendizaxe sistemática constitúa unha segunda fase."
Niquelao.
Non semella que vaia facer moitas variacións nos cursos de Latín I e II, xa que non hai cambios substanciais no seu Currículo do DOG de 23 de xuño de 2008.
Onde si temos algún é no programa das probas de Selectividade de Latín para 2009, onde as novidades máis sinaladas son a introdución dunha pregunta de lectura en lugar da cuestión sobre arqueoloxía/historia, e a inclusión de Plauto e o teatro latino nos temas de Literatura, cambios resultado das reunións mantidas polo coordinador cos profesores de latín de toda a Gallaecia.
Pero as lecturas da Épica son de Ovidio, cando o autor resaltado no tema é Virxilio, as de Lírica son de Catulo, cando o autor do programa é Horacio, e na Oratoria propónse a lectura de Tácito, cando temos que estudiar a Cicerón. Só na Historiografía lecturas e programa coinciden na figura de Tito Livio.
Non houbese sido mellor elixir as lecturas dos autores resaltados nos temas de Literatura?
E de novo, logo da metamorfose anual en profesor de latín que normalmente coincide por estas datas, despois do catasterismo estival, é grato comprobar como hai cousas na rede que non cambian, só se transforman, mudan, pero non descansan, como a nosa polivalente Ana, responsable do blog de Linguas e Cultura Clásica, da fase Virtual do omnipresente internetenelaula, ou o pater Carlos, que subscribe/escribe outro que leva o sonoro nome de liñas temáticas.
Arrancamos.
Etiquetas:
chiron,
DOG,
dos mil años por correo,
latín,
PAAU,
selectividade
1/7/08
PAAU Latín xunho 2008 e exame premio extraordinario
Podedes descargar dende aquí o exame de latín correspondente ás probas das PAAU de latín de xunho e tamén a proba para o premio extraordinario de bacharelato.
Aínda sen ter novas do resultados dos meus alumnos considero que ambalas dúas son conformes á cadanseu nivel.
8/4/08
ITINERARIOS 4º E.S.O. 2008/09
Esta é a proposta de Itinerarios do MGB para o vindeiro curso, presentada no Claustro a semana pasada. Recordemos que a nova asignatura de latín de 4º contará con 3 horas de docencia e a Cultura Clásica con 2 horas, pero agora se os alumnos a collen en 3º non a poden volver coller en 4º.Vemos ao latín situado na primeira columna do Itinerario nº2, encamiñado ao bacharelato humanístico-social.
Quizais deberían figurar tamén como obrigatorias as materias da primeira columna nos itinerarios 2 e 3, tal e como se fai no itinerario número 1.
Fixen esa reflexión en voz alta no Claustro, sin chegar a formular unha proposta concreta, pero puiden ver que a xente non estaba pola labor. Suporía facer uns itinerarios "moi pechados". Iso foi o que me responderon.
Unha vara de medir para o itinerario de "ciencias" e outra para o de "letras" e o "terminal".
Tamén comentouse o novo e esperpéntico sistema de paso de 1º de Bacharelato a 2º de Bacharelato. Polo visto agora vaise poder pasar ata con 4 asignaturas suspensas e logo cursalas ao mesmo tempo que se fai 2º. Iso se o horario do centro o permite.
Cabe maior despropósito¿¿ Por se non fose pouco dano a un sistema educativo que debería premiar o esforzo e o estudio, e non supeditarse ás combinacións e permutacións da sempre voluble mente do alumno (este ano estudio, este non...), agora aínda por riba vai haber discriminación por centros!!. Un alumno pode pasar de curso e acollerse a este sistema, pero outro doutro instituto non pode porque o seu horario non llo permite. Que disparate.
Un premio para a insigne mente que pariu semellante falcatruada!!
Ou como dicía a raíña de Alicia...."QUE LLE CORTEN A CABEZA...!!"
Etiquetas:
cultura clásica,
eso,
latín,
mgb
30/10/07
ZARA E O LATÍN: CUIQUE SUUM
Curiosa nova que publica hoxe A Voz de Galicia, onde se nos conta que a multinacional galega pretende bautizar á súa nova liña de tendas de complementos co nome latino de UTERQÜE, sic, con diérese incluída. Supoño que non se fían da nosa capacidade para aprenderlle aos alumnos a correcta pronunciación do latín e consideran este termo tan exótico coma "Oysho" ou "Bershka". A ver se cunde o exemplo e deixamos de ver tantos anglicismos superfluos como reclamo na publicidade. Que mellor que recorrer á lingua nai!
20/9/07
INCIPIO
Tras un curto (como sempre) verán, e para alivio da triloxía nécora-sargo-robaliza, aquí estamos outra vez neste curso 2007/08 que comeza, ou mellor dito comezou onte, aínda que para aqueles que non fomos agraciados co nomeamento de Titor, empeza mañán.
Dous cursos de latín van sufrir as consecuencias da miña labor didáctica, un Latín I de 12 alumnos (4 horas) e un Latín II de 8 (4 horas), algúns deles vellos coñecidos.
Nas 8 horas restantes serei profesor alternativo, xa que está visto que malia as alternancias de poder ningúen se vai atrever polo de agora a revisar esas concordancias que tan mal casan cun Estado laico. Teremos polo tanto latín e clase de alterne.
Hai uns meses Sebastià falábanos da situación en Cataluña. Aquí, na Gallaecia, un decreto (DOG 13 xullo) e unha orde (DOG 12 setembro) danlle entrada por fin ao latín no curso de 4º de ESO cunha carga de 3 horas semanais (iso si, no vindeiro 2008/2009 ...)
Parece que de algo si serviron todos os manifestos, escritos e demais. E de salientar neste tema o gran traballo realizado pola SEEC, e penso que agora recollemos o froito dos esforzos de todos estes anos.
Peor sorte corre a Cultura Clásica. Segue de optativa en 3º e 4º, con 2 e 3 horas semanais respectivamente, aínda que agora un alumno que a colla en 3º non a pode repetir en 4º, cousa que antes si podía facer.
Hic rursus sumus
Etiquetas:
cultura clásica,
DOG,
latín,
SEEC
Suscribirse a:
Entradas (Atom)