Mostrando entradas con la etiqueta odisea 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta odisea 2011. Mostrar todas las entradas

7/2/11

Remata o concurso ODISEA 2011 para o MGB

Non puido ser, como din os comentaristas deportivos ante o fracaso do equipo local. Malia que o intentamos, malia as horas de busca e investigación ininterrumpidas, malia a todo o noso esforzo, uns erros a todas luces evitables conseguiron que ningún equipo do MGB chegase ao desempate da Fase Galega que terá lugar o vindeiro mércores.

Porque iso de poñer Marte cando se pide a pregunta expresamente "en latín", ou iso de acentuar ARGONAÚTICAS no u, pois só pode achacarse ás présas, aos nervios ou simplemente despiste (maneras de vivir...).

Tamén é certo que o famoso EPINETRON acabou con todas as nosas esperanzas, xa que ningún grupo do centro foi capaz de atopalo. Nótase, supoño, a falta de profesor de grego. O de latín, hai que recoñecelo, non estivo á altura. Porque a forza de poñer cera nos oídos para non oír as súplicas das sereas (e sereos), esqueceu proporcionar unha bibliografía axeitada para esta tarefa.

Pero así e todo estou más que satisfeito da nosa participación e moi contento coas gañas que puxeron todos os equipos (non abandonou ningún).

Así que a pensar xa na ODISEA 2012!

30/1/11

Comeza Odisea 2011

Mañá comeza unha nova edición do Concurso Odisea 2011


1.779 alumnos  711 equipos  125 Centros  86 localidades  3 Comunidades Autónomas.
(máis información na web de SEECGalicia)

Dende aquí toda a sorte posible para os meus alumnos (Marta, Alba, Cristina, Cristian, Óscar, Rita, Sandra, Noa, Catuxa, Ignacio, Mónica, Lorena, Alberto, David, Manuel, Luis, Rebeca, Fátima, Rocío, Ainoa, Lidia e Isabel), que defenderán ao MGB dende as seguintes formacións:
  • ALEA IACTA EST
  • VENI, VIDI, VICI  
  • DIVINAE
  • ALTERUM MARE
  • VECHIA SIGNORA 
  • MULTA ROGITAS
  • HIC HABITAT FELICITAS
  • PUELLAE DORMIENTES
Este é o mapa con todos os participantes:

Ver Odisea 2011 nun mapa máis grande

24/12/10

Odisea 2011

Rematamos este ano de 2010 coa convocatoria dunha nova edición do Concurso Odisea, a sexta xa na Dives Gallaecia.
Este ano con dúas importantes novidades. Unha, a incorporación da sección da SEEC de Aragón  (recollida en Audentes Fortuna Iuvat e Aragón Romano), que se suma ás de Valencia-Castellón, Alacant (escoitade ás Voces Gregas) e Galicia. E outra, o tema da muller na Antigüidade Clásica, que será o fío conductor do certame.
Estas son as bases e o calendario.
E que mellor presentación para ODISEA 2011 que as palabras de Isabel Barceló:


“É fundamental nos nosos días contemplar o pasado no seu conxunto. Se deixamos fóra do campo de visión ás mulleres, a nosa percepción das sociedades antigas será parcial, distorsionada e inxusta. As mulleres aportaron ás sociedades de todos os tempos tanto como os homes. transmitiron a vida, foron creadoras e transmisoras de cultura; regalaron coidados e afectos, aspectos fundamentais para o desenvolvemento da personalidade humana; contribuíron á economía e ao equilibrio social; padeceron os mesmos males que todos os demais. No bo e no malo, foron actoras sociais.
Negarlles o papel que historicamente desempeñaron non só é unha inxustiza, senón que ten efectos no presente: a falta de respecto xeral cara ás mulleres, as dificultades para que accedan a postos de decisión e de relevancia profesional e social, a continua necesidade de xustificar as súas esixencias, son algúns deses efectos.
Paga a pena combater todos eses prexuízos e perxuízos recuperando a memoria das mulleres do pasado. Aprender a coñecelas, valoralas, amalas. Darlles o recoñecemento que merecen, volvelas á memoria e á vida. Facerlles e facernos xustiza”.