A tarde da estrea é un extracto da novela histórica de Santiago Posteguillo, “Africanus, el Hijo del Cónsul”. Ed. B. Barcelona, octubre 2008. Págs: 504-530, realizado exclusivamente con fines didácticos no ámbito escolar.
Nas súas páxinas nárranse, de boca do propio dramaturgo latino, as interioridades que acompañan á representación inaugural da Asinaria de Plauto.
Os problemas entre actores e compañías, o lugar e data da representación, o contexto histórico (sempre baixo a sombra de Aníbal), o tipo de público asistente, os personaxes e a trama da obra, o método de traballo de Plauto e ata a problemática do seu nome e a súa vida.
Todos estes temas podemos atopar nas 19 páxinas seguintes. Na última, 14 preguntas para que os nosos alumnos poidan demostrar os seus coñecementos sobre Plauto e o teatro latino.
Mostrando entradas con la etiqueta plauto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plauto. Mostrar todas las entradas
8/12/15
22/6/10
Exame de Selectividade Latín 2010
Ben, aínda que foi difícil de conseguir este ano, aquí está xa por fin o exame das PAAU de latín 2010 (con apuntamentos de alumno incluídos...)
Dous textos moi accesibles, tanto o de Eutropio como o de Fedro (que por certo, fixemos en clase máis dun ano). Sin problemas tampouco nas cuestións gramaticais.
En literatura foi o turno para Cicerón e Plauto, a elixir. As cuestións do mundo clásico tamén entraban dentro do esperado (de actualidade o topónimo de Sobrado, da que falamos aquí hai ben pouco por mor dun Conselleiro mentireiro)
Un exame polo tanto correcto. Os meus alumnos están desaparecidos, polo menos no mundo Virtual, así que aínda non teño a súa opinión. Pero penso que han estar ben contentos (iso espero...)
13/5/10
Plauto, os xemelgos.
Unha boa noticia para as Clásicas na Dives Gallaecia: a publicación dos "Xemelgos" de Plauto, en edición bilingüe Galego-Latín, a cargo de Xosé Antonio López Silva, amigo e compañeiro na directiva de SEECGalicia.
Publicada pola editorial Andavira (1ª edición, marzo 2010, Santiago de Compostela), a obra comeza cunha longa, extensa e moi ben documentada introdución, onde se abordan os temas do teatro en Roma e Grecia, o contexto histórico e escénico da comedia plautina, a comedia Palliata posterior a Plauto, a Comedia Togata, a evolución do xénero cómico, a farsa atelana literaria e o mimo, a traxedia latina, a influencia do teatro plautino e dos Menaechmi e a tradición manuscrita (acompaña tamén unha pormenorizada bibliografía)
Logo dos textos galego e latino, o autor inclúe unha guía de lectura da obra, pensada para traballar cos nosos alumnos de bacharelato, onde nos fala da trama, estrutura, espazo escénico, tempo escénico e de representación, personaxes, lingua e estilo e métrica.
Por último engádense unhas actividades de traballo, cuestións referidas ao argumento, personaxes ou contido da obra, con suxerencias de debate (situación da muller, do escravo, o matrimonio no mundo antigo, etc.) e comentario de texto (comparación de The Comedy of Errors de Shakespeare e a obra plautina)
En resume, un recurso máis na nosa lingua, que chega xusto a tempo para afrontar as probas de Selectividade deste ano, onde é a obra elixida como lectura, e que completa o gran traballo dos profesores ourensáns Manuel Rodríguez Santos e Mª Carmen Blanco Pardal, coa súa tradución do "Breviario da Historia de Roma" de Eutropio, que os propios autores autopublicaron en Bubok a un prezo que só recolle os custos de impresión (12€), e que merecen dende aquí o noso eloxio.
Etiquetas:
Eutropio,
PAAU,
plauto,
SEECGALICIA,
selectividade
9/3/10
Festival de teatro grecolatino de Lugo 2010
Onte os alumnos e profesores "Clásicos" do MGB asistimos ás representacións da primeira xornada do festival de teatro grecolatino de Lugo 2010, organizado por SEECGalicia.
Pola mañá o grupo de teatro Párodos, do IES Siberia Extremeña de Talarrubias de Badajoz, puxo en escea unha sobria versión de Electra, de Sófocles. Dadas as dificultades que presenta a montaxe dunha obra destas características, e máis ante un público de escolares, non podemos senón felicitar á súa directora Silvia Pérez Marco, polo grandísimo traballo dos seus actores.
Pero o punto forte deste grupo está sen dúbida na comedia. E así o demostraron pola tarde, facendo escachar coa risa aos case mil espectadores que ateigaban o Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Incrible o que están conseguindo neste pobo de pouco más de 3.000 habitantes, ubicado na chamada Siberia Extremeña. Segundo nos confesou Silvia (aparte da súa admiración por Ricardo, director do grupo Parrocha, antes Sardiña), están conseguindo o que antes ninguén fixera: que a xente do pobo vaia ao teatro, e todos sabemos a pequena revolución que isto pode supor nunha vila destas características.
O espírito de Plauto estivo outra vez vivo en Lugo, cuns actores que non paraban de brincar e moverse por toda a escea (coas dificultades que isto lle supuxo ao fotógrafo...), e un emprego da música maxistral, co aggiornamento habitual nestes casos pero coa novidade que supón a música en directo, xa que había partes onde cantaban os propios actores.
Noraboa a Silvia e a toda a compañía. Quizais na vindeira edición volvan pola Gallaecia!
Déixovos cunha imaxe da representación de Cásina (Plauto). Tedes o álbum de fotografías completo en Flickr.
Etiquetas:
Lugo,
párodos,
plauto,
seegalicia,
Teatro
14/3/09
Festival Teatro Lugo 2009

Un ano máis, e xa van uns cantos, os alumnos "clásicos" do MGB acudimos puntuais á cita do festival de teatro clásico grecolatino de Lugo, organizado por SeecGalicia, e que tivo lugar no auditorio Gustavo Freire da cidade das murallas os pasados luns 9, martes 10 e mércores 11 de marzo, dacordo co seguinte programa.
O luns, día da inauguración do festival, fíxose entrega dos premios aos equipos gañadores da fase galega do concurso Odisea 2009, que tan boa acollida tivo este ano.
O día elixido por nós foi o martes 10 de marzo, 26 cumpleanos do que suscribe estas liñas (pois si, porque o ano pasado dixen que era o 25, e agora teremos que ir sumando un ...) onde o grupo Balbo, del Puerto de Santa María (Cádiz), ofreceunos a representación de Antígona, pola mañá, e Mostellaria, pola tarde.
De Antígona pouco se pode dicir. Quizais que acusou demasiado os nervos da estrea. Vimos unha obra sen forza, cun Creonte demasiado fallón na dicción, e unha Antígona relegada a un papel secundario, lonxe da protagonista que debería ser.
Pola tarde todo cambiou. Xa o ano pasado en Sagunt, Balbo demostrou que é un grupo nado para a comedia. O público non parou de rir e berrar, de revolverse nos seus asentos en todas e cada unha das incursións dos actores entre as butacas. Incrible foi a xuventude e o saber estar dos cómicos, cunha graza andaluza inimitable.
Deixovos aquí unha completa galería de fotos deste día (co tan alabado Hemón en tanga incluído...)
O día elixido por nós foi o martes 10 de marzo, 26 cumpleanos do que suscribe estas liñas (pois si, porque o ano pasado dixen que era o 25, e agora teremos que ir sumando un ...) onde o grupo Balbo, del Puerto de Santa María (Cádiz), ofreceunos a representación de Antígona, pola mañá, e Mostellaria, pola tarde.
De Antígona pouco se pode dicir. Quizais que acusou demasiado os nervos da estrea. Vimos unha obra sen forza, cun Creonte demasiado fallón na dicción, e unha Antígona relegada a un papel secundario, lonxe da protagonista que debería ser.
Pola tarde todo cambiou. Xa o ano pasado en Sagunt, Balbo demostrou que é un grupo nado para a comedia. O público non parou de rir e berrar, de revolverse nos seus asentos en todas e cada unha das incursións dos actores entre as butacas. Incrible foi a xuventude e o saber estar dos cómicos, cunha graza andaluza inimitable.
Deixovos aquí unha completa galería de fotos deste día (co tan alabado Hemón en tanga incluído...)
Etiquetas:
Lugo,
plauto,
SEECGALICIA,
Teatro
4/6/07
Plauto e o Teatro do Porviso
O teatro do Porviso, formado por alumnado de 4º de ESO do CPI Dos Dices de Rois, e dirixidos por Luis Gómez Aldegunde, con axuda de Loly Santos, representaron hoxe no salón teatro de Santiago unha versión da "Comedia do Gurgullo", adaptación que fixo no seu día o Centro Dramático Galego sobre textos de Plauto. Daquela ocasión conservo unha galería de fotos e un documento en *.pdf sobre o teatro romano, Plauto e a versión do Gurgullo de Celso Parada, adaptado dun orixinal de Teresa Amado e Eva Castro.
Foi representada no marco do certame teatral intercentros, organizado pola coordinadora de equipos de normalización lingüística da zona de Santiago, certame no que acadou o segundo premio (a obra ganadora foi "Romeo e Xulieta", interpretada por alumnos do IES Antón Fraguas).
A representación de hoxe está encadrada dentro do programa Caixaescena, unha iniciativa da Fundación La Caixa para axudar e promover o teatro escolar.
Foi representada no marco do certame teatral intercentros, organizado pola coordinadora de equipos de normalización lingüística da zona de Santiago, certame no que acadou o segundo premio (a obra ganadora foi "Romeo e Xulieta", interpretada por alumnos do IES Antón Fraguas).
A representación de hoxe está encadrada dentro do programa Caixaescena, unha iniciativa da Fundación La Caixa para axudar e promover o teatro escolar.
17/4/07
Festival de teatro grecolatino Lugo 2007

Arrancou onte luns 16 de abril a edición deste ano do festival de teatro grecolatino de Lugo, onde acudimos cos nosos alumnos para asistir ás representacións de Fenicias, de Eurípides, e Cestita, de Plauto, a cargo do grupo Arthistrión, de Villaviciosa de Odón, Madrid.
Foron case 1.500 espectadores, entre mañá e tarde, prodecentes de case 30 centros de toda Galicia, os que asistiron ao Auditorio "Gustavo Freire", na cidade das murallas.
Este festival está organizado pola delegación galega da SEEC, e conta co patrocinio do Concello de Lugo. Podedes consultar o programa completo dos tres días que dura o evento.
Hoxe sae publicada unha pequena reseña na edición dixital da Voz de Galicia.
Etiquetas:
Aristhrión,
Eurípides,
Lugo,
plauto,
Teatro
12/3/07
Golfus de Roma - Jose Luis Coll "In Memoriam"

Estes días en clase de Cultura Clásica estamos vendo a película "Golfus de Roma", que podedes comprar en DVD neste enderezo, e ademais está de oferta (8,95 €). Para traballar con ela, con vistas tamén á nosa asistencia ao festival de teatro grecolatino de Lugo, estamos usando a guía didáctica de Fernando Lillo, e o artigo de Pedro L. Cano da UAB sobre Plauto e Golfus de Roma.
¿Sabíades que no ano 64 estrenouse no teatro Maravillas de Madrid unha adaptación teatral da película, dirixida por José Osuna, onde Saza era Pseudolus, Tip representaba o papel de Marcus Lycus, Coll era Histerium, Luis Barbero Erronius, e o responsable dos decorados Mingote?
Etiquetas:
Coll,
golfus de roma,
plauto,
Teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



