Dous equipos do MGB, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato, acertaron tódalas preguntas da primeira fase do concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, e disputarán o desempate contra outros 25 equipos de toda Galicia o vindeiro mércores 10 de febreiro, nunha sé aínda por determinar.
Foi unha semana de nervios e de tensión, pero ao final o esforzo deu o seu froito, e por fin Noa, Catuxa, Sandra, Paula e Andrea conseguiron tamén facer feliz a este profe, que tivo que esperar 5 anos para ver aos seus alumnos no desempate (e permanecer impasible e calado, como Ulises ante as sereas, antes de caer na tentación de responder á batería de preguntas, correos, mensaxes, e outras formas inimaxinables de comunicación que inventaron as miñas alumnas...)
Grazas e sorte no desempate!
