Mostrando entradas con la etiqueta hot potatoes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hot potatoes. Mostrar todas las entradas

25/9/07

MOODLENIZACIÓN


Parece ser que este vindeiro curso vai ser o despegue definitivo desta plataforma, se facemos caso do que lemos nos círculos chironianos da Carthaginiensis e da Lusitania.

Antes da chegada da web 2.0. e dos feitizos da britana Circe, a miña idea do que unha páxina web de Departamento debía ofrecer non distaba moito do que hoxe intento facer neste novo mundo de aulas virtuais.

En primeiro lugar buscaba unha web onde o alumno puidese descargar recursos en formato *pdf: temas, esquemas, artigos de prensa, lecturas, esas fotocopias que entregamos na aula e que logo nos piden os que faltan...

Quería tamén unha guía de ligazóns a outras webs interesantes, un taboleiro de anuncios das actividades do departamento, unha descrición pormenorizada dos contidos de cada curso.

E todo organizado por avaliacións.

A idea orixinal segue presente. Este ano podedes ver na Aula Virtual do MGB dous cursos de Latín de Bacharelato, Latín I e Latín II, usando a entrada para convidado.

Hay outra posibilidade para visitar os cursos, que é o papel de "profesor non editor", que permite por exemplo ver os traballos dos alumnos (wikis, tarefas, glosarios, cuestionarios), a disposición de toda a comunidade Chironiana (rol de "centauro/a non editor/a")

A diferencia (e as vantaxes!) estriba sobre todo na interactividade, na participación directa do alumno nos glosarios, wikis, tarefas, na comunicación áxil polas mensaxes ou foros, nos chats (pura parafernalia 2.0, si), na personalización que se pode facer do sitio, na axuda do calendario, nas datas pechadas para probas ou entrega de traballos via web, nos cuestionarios que permiten lograr cualificacións reais(con Hot Potatoes conseguíamos uns exercicios moi válidos pero difícilmente avaliables)

A este paso teremos que engadir un novo tema ao noso programa: a moodlenización de Hispania!