Mostrando entradas con la etiqueta viam stratam. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viam stratam. Mostrar todas las entradas

17/5/10

Centauros de ouro 2010

Un ano máis, coincidindo coa celebración do día de Internet (17 de maio), Chiron concede os seus Centauros de Ouro, a aqueles blogs de temática clásica, mantidos por alumnos, que constitúen un exemplo a seguir e un estímulo para fomentar o amor polo mundo grecorromano.

Nesta cuarta convocatoria, o Centauro de Ouro correspondeu aos blogs:
-Viam stratam, blog de aula dos alumnos de clásicas do IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra).
-Lingua Mater, blog persoal de Elena Recio, alumna de 4º de ESO do Instituto Santiago Apóstolo de Almendralejo (Badaxoz).


Ademais, Chiron desexa tamén premiar iniciativas sobre o mundo clásico dirixidas a alumnos. E, para ese efecto, outorga tamén un Centauro de Ouro ao Concurso de Cultura Clásica Odisea, organizado polas seccións da SEEC en Galicia, Valencia-Castellón e Alacante, e que xa culminou a súa quinta edición, polo seu decidido empeño en promover o coñecemento da civilización grecorromana entre os alumnos de secundaria. Unha iniciativa que busca e está preparada para crecer e agrupar en próximas edicións a todas as comunidades que estean interesadas en participar

Dende aquí a noraboa para os meus alumnos e alumnas "clásicos" do MGB, que fixeron posible a obtención deste prezado galardón da blogosfera clásica, e noraboa tamén a tódalas persoas que facemos posible ano tras ano a celebración do Concurso Odisea.

1/6/07

Viam Stratam

Sí, xa é oficial. Os ollos de Argos delatáronnos e xa non podemos ocultar por máis tempo que naceu unha nova bitácora, Viam Stratam, un blog á disposición dos alumnos "Clásicos" do IES Manuel García Barros da Estrada, e que leva o nome do topónimo latino desta vila situada moi preto da que foi a via XIX, que enlazaba Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), pasando por Lucus Augusti (Lugo).
Comezaremos pola influencia da mitoloxía clásica nas artes, o último tema do curso de Cultura Clásica de 4º, para logo seguir sempre moi de cerca as pegadas das ciberestelas que cada vez brillan máis no universo do planeta de Chiron.