Mostrando entradas con la etiqueta latín contemporáneo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta latín contemporáneo. Mostrar todas las entradas

21/10/13

CIRCVLUS LATINVS GALLAECVUS

Cum saepe audiremus multos et diuersos circulos Latinos in Hispania esse in quibus Latinitas uiua coleretur, desideramus cum collegis nostris circulum proprium condere. Itaque omnibus Latinitatem uiuam amantibus Circulum Latinum Gallaecum instituere decrevimus.

Circulus noster destinatur ludi magistris qui methodo analytica syntacticaque fessi atque librum Lingua Latina per se illustrata (H. Ørberg) minime scientes, Latine loqui incipere volunt.

Omnes simul discemus singulis mensibus in thermopolio quodam Compostellano, ubi, una cum potionibus, de multis rebus Latine loquemur. Nos ipsi periti non sumus ad disciplinam Latinitatis vivae, sed tamen vere dicam, cupimus rationem docendi vetustissimam et taedissimam mutare et linguam Latinam ut linguam uiuam docere, quod ea ab antiquitate usque ad recentiora tempora sic docebatur.

Nobis sunt instrumenta quaedam ad linguam Latinam Latine docendam quae vobis paulatim trademus ut exercitationes una cum nobis faciatis.

Si in Circulo nostro interesse vis, scribe vel bolibarch@gmail.com vel oscarsoto@edu.xunta.es.
Curate ut valeatis omnes!


Como sabemos da existencia en España de moitos e variados círculos latinos nos que se practica o latín
falado, queremos fundar cos nosos colegas un círculo propio. Por iso decidimos organizar o Círculo Latino Galego para todos os amantes do latín vivo.

O noso Círculo vai destinado aos profesores que, cansos do método analítico-sintáctico e minimamente coñecedores do libro Lingua Latina per se illustrata (H. Ørberg), queren comezar a falar en latín.

Todos aprenderemos ao mesmo tempo en reunións mensuais nun bar calquera de Santiago, onde, tomándonos algo, falaremos de moitas cousas en latín. Non somos expertos no ensino do latín vivo, mais por falar en serio, o que desexamos é cambiar o noso método de ensino tan antigo e aburrido e ensinar o latín como se fose una lingua viva, tal como se fixo desde a Antigüidade até hai pouco tempo.

Temos algúns recursos para ensinar latín en latín que vos iremos dando devagar para practicarmos xuntos.

Se queres participar no noso Círculo, escribe a bolibarch@gmail.com ou a oscarsoto@edu.xunta.es.

Un saúdo cordial.

------------
*Unha nova iniciativa que me chega a través de Ana Bolibar e Óscar Soto.

12/10/09

Latín contemporáneo: Franz Zappa e as arañas



A maioría dos manuais escolares aplican a etiqueta de "Neolatín" a etapa da lingua latina que vai dende o Renacemento (ou ben dende o século XVII) ata os nosos días.
Outros, en cambio, consideran esta etapa rematada nos comezos do século XX, e reservan outra etiqueta, "Latín contemporáneo", para a forma da lingua latina empregada dende o 1900 ata hoxe.
Distinguiríanse nel 3 tipos:
Deste último podemos encontrar innumerables exemplos na rede: dende o mesmo Google en Latín, a rede social Facebook, a Vicipaedia (Wikipedia en latín), as novas en latín de Nuntii Latini, a web deste extraño personaxe que é Scorpio Martianus (a morte de Michael Jackson narrada en latín, un trailer de Star trek con subtítulos latinos), unha cerimonia de graduatio latina en Cambrigde, un diccionario de termos informáticos, curtas en latín, etc. (moitos máis exemplos no marcador social de Chiron)

Pero, que ocorre con Franz Zappa e as arañas?
Ben, podería ser un exemplo do emprego actual do latín na clasificación biolóxica e tamén da veneración que senten algúns científicos belgas polo xenio de Baltimore, que chegou ata o estremo de bautizar en 1994 co nome de Pachygnatha zappa a unha nova especie de araña, atopada nas selvas do Congo, polo parecido que ten unha mancha gris no seu abdomen co mostacho de Franz.