Mostrando entradas con la etiqueta flash. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta flash. Mostrar todas las entradas

26/2/08

TEXTOS PARA TRADUCCIÓN: EUTROPIO E FEDRO

Recordo ao meu profesor de latín de aqueles desaparecidos BUPS e COUS , entrando media hora antes na aula para non deixar ningún oco no encerado que non contase alomenos con dúas ou tres tribus galas enfrontándose a ese César imperturbable que sempre acababa por reaparecer de novo logo de tres ou catro oracións subordinadas.
Un exemplo do que podemos facer hoxe a partir de power point (pasando por flashspring para publicar no blog en formato flash *.swf).
Se temos un canón na clase pois nos esquecemos xa da tiza, do encerado e de ter que pasarnos media hora para copiar o texto, con esa enxeñosa caligrafía coa que fomos dotados algúns ...
Se queremos que os nosos alumnos poidan ter este tipo de explicacións ao seu alcance en calquera momento a exportamos como scorm dende flashspring e a insertamos como tal no noso curso moodle.



20/2/08

FLASH EN BLOGGER


Un proceso un tanto laborioso para chegar ata este resultado. Elaboramos unha presentación en power point, pasámola a *.swf con flash spring, como xa explicamos nunha entrada anterior, aloxamos o arquivo nun servidor e inserimos este código html:(sen asteriscos)
<*embed src="http://enderezodoarquivo.swf" width="430" height="400"><*/embed>
Deixo aí a terceira declinación como exemplo.

17/12/07

AB POWER POINT IN FLASH ET MOODLE

Navegando polos procelosos mares do planeta de blogs de Chiron, vin dar na bitácora de Fernando Lillo, onde facía referencia a unha presentación en flash sobre as vías romanas, colgada na web do IES Santo Tomé de Freixeiro de Vigo, de grato recordo para este cronista, xa que foi aí onde aprobou as oposicións, na última década do século pasado...
Fíxeime entón que esa presentación estaba feita cun programa, flashspring, convertidor de power point a flash. Entón puxen rumbo á páxina do mesmo e isto é o que descubrín.

Este programa ten varias versións, unha que converte de power point a flash, chamada Flashspring Pro 3.0 (xenera un arquivo flash *.swf e outro index.html que contén a citada animación). Existe unha versión de pago a 199 dólares, e outra totalmente gratuíta, coas mesmas funcións e que se pode descargar dende a mesma páxina. A única diferencia é que esta última leva un pequeno logo de publicidade nos arquivos que xenera.

Outra versión do programa, de enorme utilidade para os usuarios de Moodle ou outras plataformas LMS, é a FlashSpring Ultra 2.4, que xenera, a partir dunha presentación Power Point, un paquete scorm compatible coa maioría delas. Hai unha versión de pago de 499 dólares, e outra gratuíta, coa mesma particularidade que a anterior.

Así pois descarguei ambos programas (ocupan menos de 10 megas cada un) na versión gratis total, instaleinos e comprobei o fácil que é converter arquivos *.ppt en flash, ou en paquetes scorm. Logo da instalación créase unha pequena barra de ferramentas no power point e con só darlle a un botón temos a animación feita!! Quedei sorprendido pola excelente calidade dos arquivos xerados, que respectan todas as animacións orixinais, e a súa impecable adaptación a moodle.

Todo un descubrimento para os usuarios das aulas virtuais, e, seguro, unha ferramenta de uso intensivo a partir de agora!!