Mostrando entradas con la etiqueta murena. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta murena. Mostrar todas las entradas

3/10/08

Murena
















"Roma. Maio 54. Mediodía. O emperador Claudio presencia os combates dende o alba. O calor empeza a ser perigoso. O pobo abandonou as gradas para ir refrescarse ou comer... Claudio, en cambio, quedou no seu sitio..."

Así comeza o capítulo primeiro do fabuloso Comic Murena, firmado por Jean Dufaux e Philippe Delaby, e que leva por título "A púrpura e o ouro". 

Os combates de gladiadores, os problemas sucesorios da dinastía Xulio-Claudia, os barrios baixos da Suburra, as envelenadoras profesionais, as villae da via Flaminia, as termas, os castra Praetoria, as comidas da corte, escravos, libertos, a corte imperial, todo iso e moito máis atoparemos nas páxinas desta (bastante) fiel historia, da que se levan publicados ata o momento 6 capítulos.

Nerón, Acté, Lolia Paulina, Agripina, Palas, Británico, Afranio, os ecos de Suetonio e Dión Casio. Podemos pedir máis?

Podedes ler este artículo de Toni Segarra ou ben esta reseña de Hislibris onde se fai unha acertada referencia as inexactitudes históricas que comparte coa serie Roma. 

Para mercalo en liña este enderezo ou este outro.