29/9/06

Latín: Selectividade de setembro

Parece ser que unha vez máis sucédense os despropósitos nas probas das PAAU de latín. Como xa pasara hai uns anos, o descontento e o malestar pola forma e fondo destes exames levaron a un grupo de profesores a redactar un escrito que se recibirá nos centros de toda Galicia nos vindeiros días, no que se denuncia esta situación e se anima ó resto de compañeiros a prestar o seu apoio para pedir unha reunión de profesores co coordinador e poder así buscar unha solución a este problema que se repite ano tras ano.

No hay comentarios: