23/10/06

Setenta e un profesor@s

Finalmente foron 71 profesores dos centros de ensino de Galicia os que asinaron o escrito enviado ó coordinador das PAAU en relación coas desfeitas nas probas de latín dos últimos anos, das que puxemos aquí xa varios exemplos en entradas anteriores. Esperamos que se teña en conta a súa/nosa voz e que poidamos por fin ter unhas probas acordes coa realidade das aulas e nas que os nosos alumnos poidan demostrar o que realmente saben, aínda que as manifestacións do dativo, o uso do diccionario ou os fundamentos do pensamento filosófico de Cicerón queden para mellor ocasión.