20/12/06

Carmina Burana

Case 4.000 persoas tivemos onte o pracer de asistir á espectacular montaxe dos Carmina Burana no Multiusos Fontes do Sar, segundo a célebre obra de Carl Orff, que foi quen de reunir no escenario a case 300 persoas, entre orquestra, solistas, bailaríns e artistas circenses.
Coa dirección do mestre Walter Haupt e a posta en escena creada polo artista Mihail Tchernaev, o amor, a morte, a sorte e o infortunio mixtúranse nunha historia onde nunca deixa de xirar a roda da vida. A música, os efectos pirotécnicos e as proxeccións audivisuais deron forma a 24 imaxes que ilustraron os poemas en latín dos monxes goliardos do s. XIII procedentes do mosteiro bávaro de Benediktbeuren.
Tanto a Voz de Galicia como o Correo Galego publican reseñas do espectáculo na súa edición de hoxe.
Somos moitos os que nas nosas clases usamos algunha vez estes poemas, ben cando falamos das etapas do latín, ou mesmo para arrincarlle algo de vida a unha lingua que moitas veces dan por morta. Podedes descargar dende aquí un arquivo en *. pdf cun extracto bilingüe latín-galego, basado na edición realizada en 1998-99 por un grupo de traballo do IES de Sabón.
FORTUNA IMPERATRIX MUNDI
Oh Fortuna,
velut Luna
statu variabilis,
semper crescis aut decrescis;
vita detestabilis ...

1 comentario:

Magister-Διδασκαλος dijo...

Álvaro:
Sólo quiero desearte una muy feliz Navidad y lo mejor para 2007.
¡Ánimo con el blog! Saludos chironianos. Luis.