17/4/07

Festival de teatro grecolatino Lugo 2007


Arrancou onte luns 16 de abril a edición deste ano do festival de teatro grecolatino de Lugo, onde acudimos cos nosos alumnos para asistir ás representacións de Fenicias, de Eurípides, e Cestita, de Plauto, a cargo do grupo Arthistrión, de Villaviciosa de Odón, Madrid.

Foron case 1.500 espectadores, entre mañá e tarde, prodecentes de case 30 centros de toda Galicia, os que asistiron ao Auditorio "Gustavo Freire", na cidade das murallas.

Este festival está organizado pola delegación galega da SEEC, e conta co patrocinio do Concello de Lugo. Podedes consultar o programa completo dos tres días que dura o evento.

Hoxe sae publicada unha pequena reseña na edición dixital da Voz de Galicia.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Vou empezar dicindo que me gustou o plantexamento das obras, o que fixo que resultasen máis entretidas.Pero ó mesmo tempo,decepcionoume un pouco o reparto da obra, xa que ó meu parecer non tiñan moita facilidade de palabra nin se desenvolvían moi ben no escenario.O decorado era simple pero estaba ben distribuído.Tamén me merece unha boa crítica o vestuario e a maquillaxe.En xeral penso que estivo ben,pero creo que a maneira de actuar de case tódolos actores e actrices se podía mellorar.

Anónimo dijo...

Estivo ben, ainda que da traxedia esperaba algo mellor. A comedia foi moi divertida e con moitos matices actuais(incluso diría que demasiados). En xeral gustoume, pero houbo partes nas que o público estropeou por completo as obras, sobre todo na traxedia, xa que moitos din que se "durmiron" véndoa. Entrando en detalles concretos das obras o que máis me sorprendeu foi que as diferencias de idade na traxedia case non se notaban, xa que pais e fillos parecían da mesma idade. En resumo, o mellor foi a comedia, aínda que a traxedia tampouco me disgustou por completo.
Lucía Álvarez

Anónimo dijo...

A TRAXEDIA PUIDO DAR MÁIS DE SÍ, XA QUE NALGÚNS MOMENTOS ATA Ó MESMO PÚBLICO LLE PARECÍA HUMORÍSTICA (AÍNDA TENDO EN CONTA QUE A MAIORÍA DO PÚBLICO ERAN XOVES). CERTOS PERSONAXES TRÁXICOS PODERÍAN ESTAR MELLOR CARACTERIZADOS, A PESARES DO ESPLÉNDIDO VESTIARIO. POR EXEMPLO, CREONTE PARECÍA BASTANTE MÁIS XOVE CA SEU FILLO,E ETEOCLES NON TIÑA A ASPEREZA, SERIEDADE E FORTE CONSTITUCIÓN QUE SE ESPERABA DESTE FERO REI.
A COMEDIA ESTIVO BEN, AÍNDA QUE OS CAMBIOS NO GÚIÓN RESULTARON, NALGUNHAS OCASIÓNS, MENOS HUMORÍSTICOS DO QUE PUIDERAN SER. ALGÚNS DOS PERSOAXES ESTABAN DEMASIADO ESAXERADOS. O MESMO LAMPADIÓN ERA UN PERSONAXE QUE Ó POUCO TEMPO SE FACÍA PESADO DENTRO DA ESCENA.
maría

Anónimo dijo...

Sinceramente agardaba algo mais do que vin.En outros anos anteriores as representacións eran máis logradas o meu parecer.Un exemplo disto foi que durante a traxedia, a maioría da xente non se atopaba demasiado interesada, penso que quizais porque o reparto dos papeis non foi moi acorde cos actores que os representaban e non enganchaba. E isto desencadeou na risa do público durante esta representación, o cal non era propio porque ó ser unha traxedia non debia causar este efecto. Por outra parte a comedia,atendendo o seu nome foi entretida pero creo que tratou como cómicos certos temas que non o son. Nesta representación os actores foron ben escollidos, sobre todo a actriz que representaba a Ximnasia, que coma en anos anteriores espertou a atención e a risa do público.

Belén Cao

Anónimo dijo...

Logo dunha intensa xornada de teatro grecolatino en lugo teño que dicir que ambas as dúas obras estiveron xenial e me gustaron moito. Ainda que sobre todo me gustou a comedia, por ser un xénero divertido non que o pasas moi ben, as dúas obras me gustaron por diferentes aspectos. Persoalment, na traxedia; por exemplo, gustoume moitísimo o papel da nai dos dous irmáns enfrontados, pola maneira que tiña a actriz de representalos que ao meu entender foi das que mellor o fixo. E xa na comedia, era un non parar de rir, porque eu lera un bo anaco do libro e gustoume moitísimo como a representaron, xa que eu iba agardando outra cousa e a verdade é que me sorprendeu moi gratamente. Desta segunda obra, destacaría o papel do deus, ´mais que nada porque animaba moito ao público; e tamén o papel de Gimnasia, xa que eran dous personaxes cos que sempre que saían non faltaban as risas. Resumindo, que as dúas obras estiveron moi ben e que deberían de celebrarse acontecementos deste tipo algo máis amiudo.

Cristina T.

Anónimo dijo...

AS obras estiveron moi ben como todos os anos aínda que a min gustoume mais as dos anos anteriores.Os actores e actrices son moi bos e vale a pena ir a velos.

Abel

Anónimo dijo...

Estivo bastanta ben ainda que da traxedia esperábame algo menos aburrido,sen embargo a comedia estivo moi ben,foi moi entretida, o mellor do festival sen duda.Andrea Pérez 4ºESO.

Anónimo dijo...

A comedia gustoume bastante, tiña algúns trazos demasiado esaxerados, pero polo resto estivo entretida. A traxedia non me acabou de convencer, e as partes nas que falaban as fenicias parecíanme bastane liosas. Aínda así non estuvo mal de todo. Alba 4º

Anónimo dijo...

Encantoume moito a traxedoia. A raiña facíao moi ben e tamén o seu fillo desterrado. A comedia esta ben pero a veces aburriame.

Aranza Barreiro Pereira 4- C

Anónimo dijo...

A traxedía merecía unha mellor interpretación por parte dos actores, aínda así gustoume.
A comedia realizouse moito mellor e entre outras cousas cabe resaltar a súa aadaptación.

Plácido 4ºESO

Anónimo dijo...

Las fenicias:
obra no muy entretenida para mi entender, estaba bien representada a pesar de algunos fallos de la compañia teatral que luego fueron explicados debido a que era la primera vez que la representaban.
La Cestita:
comedia muy buena que ya viera representada hacia 2 años pero aun asi me hizo reir muchisimo, los actores estaban mas sueltos debido a que la representaran reiteradas veces.

Anónimo dijo...

la tragedia podia dar mas de si pero debido a la poca practica de la compañia teatral en la representacion de esta obra no dio todo lo que podia dar.
la comedia fue muy buena debida a la soltura que tenia la compañia representandola.

Roi 1º Bach-D

Anónimo dijo...

A primeira obra a min non me gustou, porque era moi aburrida e ademais habìa un personaxe que non se sabìa os diàlogos e tamen a actriz que interpretaba a Antìgona estaba moi sobreactuada e non era creible a sùa interpretaciòn, pero a segunda obra xa me gustou moito mais, facia rir polas tonterias que facian e ademais os actores interpretaban os personaxes moi ben.
Eva Piñeiro

Anónimo dijo...

A primeira obra foi bastante aburrida e ademáis tamén interpretaban os guións moi esaxerados. A segunda obra foi un pouco máis entretida, ainda que tamén bastante esaxerada. En momentos a traxedia producía risa, e a comedia non, en realidade debería ser ao revés.
Sonia Remiseiro

Anónimo dijo...

Os actores que interpretaban a traxedia estaban descordinados e non reflexaban o que dicía o guión. A historia tiña un bo argumento aínda que dáballe demasiadas voltas a mesma situación. A comedia resultou entretida e divertida, polas incorporacións de vocabulario actual e sobre todo pola actuación dos actores que a facían máis amena.
Cristina Montaña.

Anónimo dijo...

A traxedia resultou interesante e para mín o fallo estaba nos actores. A súa actuación era esaxerada e desa historia podíase sacar máis proveito. A comedia foi divertida, pero non polo guón senon pola interpretación dos actores. Os dous escenarios estaban pouco traballados, o que non ocorría cos vestuarios, acordes coa historia.

Anónimo dijo...

Empezarei o meu comentario dicindo que realmente de tódolos anos que levo indo a Lugo para ver a representación destas obras clásicas, este foi o que menos me gustou, primeiro queixome polo feito de que repitan as mesmas obras que outros anos (Cestillaria)pois fastidia un pouco pagar por volver a ver unha obra que xa viches hai dous anos, e máis se é unha comedia e se a compañía que a representa é a mesma; por outro lado creo que nesta última representación a adaptación da obra saleúselles un pouco das mans, pois esaxeraban bastante situacións que eran xa cómicas de por si e ridiculizaban outras que moralmente non eran tan graciosas; sobre os actores destaco o bo papel da actriz que representaba á Antígona e tamén a que representaba a Ximnasia, se ben os equivocos e tropezos na fala de varios dos demais actores(sobre todo os protagonistas da traxedia) rebaixaron algo a categoría da obra. Pero ignorando eses fallos e a inmadurez dunha parte do público, que varias veces me fixeron sentir vergonza axena(NON do noso instituto, por suposto)admito que sempre é un pracer acudir cada ano a Lugo para poder deleitarnos ou outras veces poder ser crítico se algo non nos gustou.
Lucía I.C. 2bac.

Anónimo dijo...

Hola soy Susana verdu directora de la compañía de teatro Arthistrión, antes de nada felicitaciones por esta iniciativa tan fantástica, crear un lugar donde el espectador pueda opinar sobre los montajes vistos, no sabeis cómo puede llegar a ser de util para nosotros. Este año la propuesta era arriesgada, una obra tan compleja como Fenicias , y una versión diferente de Cestita...
Hay una serie de aspectos que en grupos como los nuestros es de dificil solución, como puede ser la edad de los componentes de la compañía, casi todos tenemos la misma y a la hora de selccionar actores para los diferentes personajes, creedme que es realmente complicado, aunque el actor lo de todo en escena, la poca diferencia de edad es insalvable, sin embargo hay otros aspectos que nos anotamos y tenemos muy en cuenta para proximas representaciones, nosotros con estas opiniones crecemos, analizamos los posibles problemas e intentamos modificar para ofrecer cada año mayor calidad.
En representación de todos los actores que componemos Arthistrión, gracias por dedicarnos un poco de vuestro tiempo, espero que con esta iniciativa seamos capaces de llevar en proximos años a Lugo, trabajos más perfeccionados, tenemos lo imprescindible, un gran amor a nuestra profesión y un gran público, vosotros.

un abrazo
susana verdú

Anónimo dijo...

Sabendo que as comparacións nunca son boas...
Este ano con respecto ó festival de Lugo as miñas opinións son quizais un pouco máis severas e críticas, supoño que por ter visto xa unha das obras e por levar asistindo tres anos.Ben certo é que a algúns actores faltáballe seguridade, outros non respondian á figura e ó carisma do persoaxe en cuestión, e unha minoría pecaba dese rítmo lírico propio da man temblorosa dos recitais poéticos.
Pero para min, centrándome na comedia, o que desgastou o espírito desta obra foi ese persistente intento de empatía co público, que levou a elaborar un guión profundamente inundado dun humor vulgar e monotemático que apesares diso, obtivo unha incomprensible e hilarante resposta.Por outra banda, gardo tamén eloxios, porque anque "omnia preclara, rara" hai actores que ano tras ano brillan con máis forza; ensalzados desta vez pola "axuda" que os propios compañeiros lle ofreceron nun alarde de modestia desmesurado...mentras tentaban disimulalos erros baixo verdadeiros rictos tráxicos.
Non pretendedo facer disto unha crítica construcitiva, pois intúo equivocacións na maior parte do matizado.Así remato dicindo que arrancan de min o máis sincero e forte aprauso por teren a entreza de subirse ás táboas diante dun público, ás veces, tan pouco merecedor e esperar facernos parícipes deste mundo ilusorio e evasivo como é o teatro.
Carina Carbia