1/5/07

As viaxes de Eneas

Xa temos a versión galega da crónica das viaxes de Eneas no Labirinto de Sebastià Giralt, que se engade á propia versión catalá orixinal, a castelá e a holandesa, esta última da man do noso amigo Bart Mertens.
Trátase dunha animación en flash onde podemos seguir a rota do heroe troiano na súa busca da patria prometida polos deuses.
Como se observa na imaxe, a medida que progresamos na nosa navegación, xorde un texto á esquerda que nos vai informando sobre o que lle acontece a Eneas a aos seus compañeiros no seu periplo polo mediterráneo.

No hay comentarios: