16/6/07

Exame e solucións das PAAU de latín de xuño



Podedes descargar dende aquí o exame de latín das PAAU de xuño 2007, no que van incluídas as solucións ás traduccións e ás preguntas.
Segundo os criterios expostos polo coordinador constou de dúas opcións á hora de elixir os textos de traducción, a primeira cun texto de Eutropio e a segunda cun de Fedro.
En ámbolos dous textos bótase en falta a cita coa información sobre o autor e a pasaxe concreta elixida (Ex: Fedro III, 18)
Tampouco se fai constar que o texto de Fedro está adaptado, xa que faltan varias liñas.
Curiosamente este texto de Fedro foi o elixido nas probas realizadas pola Universidade Complutense de Madrid no ano 2001. No exercicio de Madrid unha nota ao pé comentaba o participio ferens "quejándose de que...".
Os nosos alumnos non tiveron tanta sorte, no diccionario Vox non figura tal acepción, tan só "dicir, anunciar, manifestar". Espero que os correctores o teñan en conta.
Polo demais as características da Lírica foi a pregunta elixida dos temas de literatura.
Outras preguntas esperadas no apartado das cuestións do mundo clásico, e que non defraudaron, foron os latinismos (in extremis, manu militari, mare magnum), os restos arqueolóxicos na Gallaecia romana, exemplos de 5 palabras formadas co prefixo ante- e explicar o que teñen en común os topónimos Nocedo, Abeledo e Reboredo.
Nunha rápida enquisa "a pé de aula" puiden comprobar con satisfacción que case todo o mundo saía contento do exame, que houbo quen elixiu a Eutropio e quen a Fedro, e que a maioría consideraron o texto de prosa como "moi fácil" ou mesmo "un insulto á intelixencia" (Erea, espero que leves a nota máxima de traduccción!!).
Houbo tamén quen albergaba escuras intencións cun coitelo xamoneiro ao escoitar o nome de Fedro. (Lourenzo, o teu houbese sido un texto de Eutropio sobre o reinado de Heliogábalo!!)
Noraboa a tod@s polo fenomenal traballo que realizastes nestes dous últimos anos, que espero que sexa recompensado cunha boa nota.
valete

5 comentarios:

resnonverba dijo...

Álvaro. Son mariña, alumna do ano pasado. Rematado o curso o xoves día 5 deste mes, intentei varias veces comentar neste blog tan ben feito, pero dábame erro da páxina e por fin hoxe, podo facelo. Todo saiu ben, moito estudo, nada que ver co que tiñamos que estudar o ano pasado (agora entendo o afán que poñiades todos os mestres para que nos esforzáramos), pero é una ledicia poder enfrontarse a máis de 500 folios e retelos na mente, exemplo claro foi o do exame da 2ª avaliación do ano pasado, sabes ben do que falo..
Seguirei ollando esta páxina, coa óptima recomendación que me fixeches dela. Noraboa. Un saúdo ben grande e que pases un bo verán en calqueira das illas do arquipélago galego. Este ano, volve a tocar San Vicente: non é bó romper coa estabilidade da paisaxe ofrecida que se me mostrou durante anos.
Deixoche aquí a páxina do meu fotolog, con textos en castelán e en galego, pois teño agregada a xente de arxentina e uruguai que me obriga a falar no meu 2º idioma (aclaración). Moitos brocardos xurídicos aprendidos neste ano que me fixeron recordar momentos únicos dunha clase reducida e chea de boas sensacións como foi a que ti impartiches con nós. Gracias por facer que o latín non sexa unha lingua esquencida para min, ó revés.

**Mariña**

Álvaro P. Vilariño dijo...

Gracias Mariña, neste verán estarei de novo noutro lado da ría, na Pobra. Igual nos vemos!

Té la mà Maria - Reus dijo...

un saludo desde Reus

saaritaa dijo...

Holaa!! gracias por el examen con las soluciones,no tendras por casualidad el de Griego de Junio del 2007,verdad?
Me seria de gran ayuda...gracias de nuevo.

Álvaro P. Vilariño dijo...

De nada Sara, pero non, non teño o de grego. Noraboa polo teu fantástico blog, estou seguro de que se segues así serás unha gran profesora de arte!!