4/6/07

Plauto e o Teatro do Porviso

O teatro do Porviso, formado por alumnado de 4º de ESO do CPI Dos Dices de Rois, e dirixidos por Luis Gómez Aldegunde, con axuda de Loly Santos, representaron hoxe no salón teatro de Santiago unha versión da "Comedia do Gurgullo", adaptación que fixo no seu día o Centro Dramático Galego sobre textos de Plauto. Daquela ocasión conservo unha galería de fotos e un documento en *.pdf sobre o teatro romano, Plauto e a versión do Gurgullo de Celso Parada, adaptado dun orixinal de Teresa Amado e Eva Castro.
Foi representada no marco do certame teatral intercentros, organizado pola coordinadora de equipos de normalización lingüística da zona de Santiago, certame no que acadou o segundo premio (a obra ganadora foi "Romeo e Xulieta", interpretada por alumnos do IES Antón Fraguas).
A representación de hoxe está encadrada dentro do programa Caixaescena, unha iniciativa da Fundación La Caixa para axudar e promover o teatro escolar.

3 comentarios:

alba dijo...

non ganamos..pero ay algo que si ke ganamos...e é ter a estes maravillosos profesores que sempre están aí cando os necesitamos...gracias LOLI, JULIO, RODRIGO, LUIS...sodes do melloriño que ay, e sempre pensarei en vos...estea onde estea. kerovos a todos
muaks
alba

Anónimo dijo...

todo moi ben,ainda que os artistas taban cajados fixerono moi ben.e sin a gran axuda dos profes nada seria ijual,viva rois!!
somos os mellores!!

Anónimo dijo...

Son sosia e gustoume moito representala. Nunca olvidarei este momento