27/10/07

VALENCIA 2007 - CONGRESO SEEC

Nutrida foi a "representación galaica" no XII congreso español de Estudios Clásicos que ven de celebrarse na cidade de Valencia. Comezou o Luceferino amigo Vélez auriensis, ao mesmo tempo que os chironianos intentábamos dar a coñecer o noso proxecto baixo unha presidenta implacable no emprego do tempo, uns escasos 18 minutos, onde non puidemos mostrar a vertente práctica de Chiron. Seguiunos Rosa de Ávila, profesora en Xinzo, cunha interesante proposta didáctica sobre a "Ulisea", acompañada dunha fermosísimas ilustracións. O xoves foi o día para que Cecilia Criado nos falase do seu amado Estacio, e logo foi Teresa Amado que disertou sobre Arquéstrato de Gela. Neses momentos o "bárbaro romanizado", Xurxus Requeniensis, aproximaba aos seus oíntes á historia dun manuscrito do conquistador de Brigantium, Xulio César. Neste mesmo día tiven por fin a oportunidade de coñecer ao penúltimo chironiano en desembarcar, Jose, que nos falou do shadouf e das columnas dórica e xónica.
Entre ponencia e ponencia, 12 simultáneas, tivemos a oportunidade de asistir o luns a unha penosa mesa redonda sobre didáctica da cultura e linguas clásicas, que máis que redonda foi triangular, ou sexa, cun enfoque unidireccional. Á sempre interesante proposta de Mercedes Madrid, seguiulle unha intervención sobre a nova asignatura de latín de 4º de ESO, que deixou en evidencia a ignorancia do seu ponente, quen puxo como anécdota propia das variantes e molestas administracións periféricas que na Gallaecia se xuzgase como relevante o estudo da cantidade na evolución fonética do latín, sen o cal non poderíamos aprenderlle aos alumnos o porqué da distinción entre un oso (animal) de un óso (parte da nosa osamenta). E como remate a proposta didáctica de Mª. Ángeles Martín, excelente profesora de grego en Salamanca, como nos confirman algúns, pero que segue a empregar os métodos de hai corenta anos. A reflexión é inevitable: a onde podería chegar esta profesional se actualizase a súa proposta dacordo cos tempos que corren? Fago un paralelismo cos museos que visitamos nestas xornadas, o de Alicante e o de Elche, que con catro pezas e apoiados nunha montaxe audivisual sensacional conseguen uns resultados espectaculares e innovadores, de gran aproveitamento didáctico. Que farían se puidesen ter nas súas vitrinas os tesouros de Mérida ou do Arqueolóxico Nacional?
Pero as xornadas deron para moito máis fóra dos estreitos lindes da Sociedade. Os primeiros centauros chegamos o domingo, e puidemos escoitar de boca de Iaenus os seus últimos experimentos coas novas aplicacións das TIC, aínda que faltou a demostración in situ, e Olga, Sebastià e máis eu quedámonos só coa teoría... O luns chegou Luis, firme como unha roca nas portas da Facultade, agardando por nós, e logo viñeron os nativos Ana, Juanvi, Salva (e a súa inseparable Barbarella...), Concha, Blai (Centauro de Oro 2007), Kike e Xurxo (aínda que este romanizado recentemente...)
Impresionante a labor dos talleres de Sagunt. Non puiden resistirme a seguir as pacientes instruccións de Salva para introducirme na caligrafía rustica romana, a golpe de calamus, ou ás mostras de ungüentos preparados por Concha, sen deixar de admirar o lararium, a letrina ou o apodyterium deste MacGyber clásico que é Juanvi. Non tiven valor suficiente para atreverme a probar o garum. Unha pena non poder asistir a esa representación dunha voda romana, que agardaba a 600 espectadores.
Pero houbo máis, por exemplo escoitar diante dunha boa paella a Antonio Penadés, autor de El hombre de Esparta, falarnos do seu periplo por Turquía e Grecia, e das vicisitudes varias polas que pasa o proceso de xestación dunha novela, que desde aquí prometo ler canto antes.
Coñecimos tamén, como recorda Olga, a un egrexio personaxe da SEEC, que falaba marabillas dun programa xerador de exercicios, Atenaxe, pero ao mesmo tempo non nos daba ningunha posibilidade de ver unha mostra destes na rede (estaban en cursos pechados, a salvo de desaprensivos ladróns do traballo alleo), e tampouco estaba pola labor de darnos un enigmático cd que gardaba con fruición na súa carteira (pechada tamén). Conseguiremos en Chiron cambiar a filosofía "Morganática" de mentalidades coma esta?
* Morganática= pertencente a Julian Morgan, proxecto Circe, alma mater da dicotomía Bad-Good practises, tamén coñecida como "estamos aquí pola pasta..."

3 comentarios:

Ana Ovando dijo...

No creo que pueda relatar la crónica de forma tan genial. Has conseguido que las risas superen al cansancio.
Muchas gracias por estas hermosas palabras.
Espero que podamos repetirlo muy pronto, en los Ludi Saguntini, en Arde Lucus ... o en Sevilla.

Luis Inclán García-Robés dijo...

¡Muy bueno, Álvaro! Te estás superando por momentos.
Ahora que ya nos conocemos 'visualmente', parece uqe hay más confianza, ¿verdad?
Saludos... y a esperar el veredicto del MEC.
Luis.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Yo también espero que los encuentros sean a partir de ahora algo habitual entre nosotros y que el veredicto del MEC nos sea favorable para dar un paso más en nuestro proyecto y abrir una nueva rama del árbol de Chiron..