11/2/08

UN NOVO CHIRON

Xa pasaron dous anos dende a famosa proposta de Carlos e cada vez falta menos para que veña outro verán que recorde a aquel do 2006, onde, unha vez superada a sorpresa inicial perante as asombrosas destrezas de "copiar e pegar" que para nós tiña preparadas a astuta Circe, imitamos os costumes dos nativos britanos, sentándonos a modo de histórico conciábulo na herba de Oxford.
A verdade e que o centauro non acouga nin un momento. Sempre probando novas ferramentas (agora Drupal como xestor de contidos, Vodpod como marcador social de material multimedia), incorporando novos membros...
E coas súas seccións de sempre pero con moitos más contidos que se engaden continuamente (materiais na wiki, ligazóns no marcador social, imaxes en flickr, presentacións en slideshare, novos blogs, etc.)
Visítanos no noso novo espazo e colabora enviando os teus materiais ou incorporando o teu blog ao planeta chironiano!

No hay comentarios: