Despois de ser aprobado onte polo Consello Escolar de Galicia o borrador do currículum do bacharelato xa só queda o trámite de seren aprobado en xuño polo Consello da Xunta.
Neste novo bacharelato entra unha nova asignatura, "Ciencias para o mundo contemporáneo", con 3 horas semanais. Así, para facerlle un oco, Educación Física, que tiña 2 horas en 1º queda só con 1; Relixión, que se impartía só en 1º (2 horas), agora impartirase cunha hora en 1º e outra en 2º; Historia de España, que contaba con 4 horas en 2º, agora queda con 3, e Filosofía e Cidadanía de 1º, que tiñan 3 horas semanales quedan con 2.
Onte foi día de manifestacións e folga contra este borrador, como recollen nas súas edición os diarios La Voz de Galicia e mesmo a edición de Galicia do País.
Benvidas as "Ciencias para o mundo contemporáneo", pero non se poden suprimir horas de Educación Física cando o Parlamento europeo recomenda 3 horas semanais, nin tampouco de Historia ou Filosofía.
É evidente. Sobra a relixión. Inconcebible nun estado laico esta situación, e máis cun goberno supostamente de esquerdas, tanto aquí na Xunta (BNG, PSOE) como en Madrid.
A CIG fixo unha proposta onte no Consello Escolar para eliminar a relixión do bacharelato. UGT votou en contra (se algún socialista levantase a cabeza!) e CCOO (pronúnciese ce-ce-o-o) elexiu a cómoda abstención!. ¡Viva la izquierda militante!.
Relixión en 2º de Bacharelato, coas súas horas correspondentes de alternativa, nun curso onde todos os profesores loitamos a cotió para rematar os programas, coa selectividade ad portas.
E ademais esa posibilidade de "curso puente" con tres ou catro asignaturas suspensas...
Semella que todo isto foi idea dunha mente privilexiada, quizais a mesma á que se lle ocurriu non hai moito que na ESO os alumnos poderían pasar con todas suspensas, cos resultados que todos coñecemos. Tivemos una alumno no noso centro que conseguiu chegar ao bacharelato (facendo un exame para adultos no que lle deberon preguntar cal era a capital de Francia e quen descubriu América), logo de suspender todas as asignaturas de todos os cursos da ESO e pasar dun a outro por "imperativo legal".
Pero claro, a ESO era eso. E senón, recordade aquelo que conta a lenda que dixo un alumno...
"Pero de que me vale a min saber que Napoleón descubriu América!!!"...
pd: as horas de latín e grego quedan como estaban, 4 horas semanais en 1º e outras 4 en 2º. Algo terán que ver as nosas movilizacións. Supoño. E o ano que vén comeza o latín de 4º de ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario