31/5/08

Gaudeamus igitur...

... iuvenes dum sumus (aut eramus)
O pasado mércores, no teatro Principal da Estrada, tivo lugar o acto de despedida para os alumnos de 2º de Bacharelato. Houbo palabras, agradecementos, música, baile. 
E fotos, moitas fotos, que un xa vai pensando en deixar o latín e facerse "freelance"...
De todo isto, "MGB-Producións" fixo este vídeo.

Precaución, a súa visualización pode resultar perxudicial para a saúde emocional dos espectadores!
 (gran culpa de todo iso a ten Alison Krauss e a súa impresionante "The scarlet Tide")