29/6/08

Internet en el aula - Santander


Chegar á sé do Congreso, o pazo de festivales de Santander, e ver como por videoconferencia conectabamos con Madrid, onde Mara Torres (presentadora da 2) actuaba como mestra de cerimonias nas conexións simultáneas entre todas a sés, fixarse na persona que sobre o escenario reproducía as palabras do orador mediante a linguaxe para sordos, sentarse na butaca dunha sala de conferencias de tales dimensións, rodeado dunha pléiade de azafatas en negro ou verde, a verdade é que impresiona.
Así arrancaba este congreso centrado na comunidade docente non universitaria, cun presuposto de 454 millóns de euros para o período 2005/08, en palabras de F. Ríos, secretario de Estado de Telecomunicacións, quen tamén dixo que España era líder en Europa no uso das TIC, xunto co Reino Unido (cousas dos políticos...). 
Un congreso que se levou a cabo grazas á colaboración entre administracións (Estatal e autonómicas) e que contou tamén coa axuda do mundo da empresa.
Despois que Mara nos invitase a café, comezou a primeira videoconferencia a cargo de Steve Bosniak, cofundador de Apple. Despois seguiu o filósofo J. A. Marina, que entre outras cousas comparou os resultados entre centros que aplican as TIC e os que non o fan, chegando á conclusión de que os alumnos bos levan os mesmos resultados cun sistema ou outro, pero os alumnos peores melloran moito nun entorno TIC, algo que xa experimentara eu na miña experiencia cotiá.
Falou tamén do impacto da tecnoloxía dende a infancia, co interrogante de se está a cambiar o cerebro ou non. Semella que se produciu un retroceso capacidade da memoria a longo prazo, mentres que a de corto prazo goza de boa saúde. Calificou aos novos alumnos de alumnos multitarea, cunha dificultade xeralizada en manter o proceso de atención (que nos vai dicir a nós, os mestres...)
Pero rematou enarbolando a bandeira das TIC contra o desánimo, ilustrándonos coa parábola dos obreiros e a catedral.
Na seguinte videoconferencia, Fernando, dende Barcelona, ironizaba contra os que xa preconizaran o fin da escola primeiro co advenimento das bibliotecas públicas, logo coa radio, televisión, ordenadores e por último con internet.
Falou tamén da inercia na escola, onde trala avalancha de medios e materiais as formas de ensinar e aprender non se modificaban, en resumidas contas, a máxima do "viño vello en odres novos", algo moi debatido ó longo das sesións. Concluía mentando a necesidade dunha nova narrativa para aprender, dunha nova organización dos tempos e os espazos escolares.
Seguía Jordi Adell dicindo que dende a LOE, o profesor precisa dun coñecemento disciplinar, pero tamén dun coñecemento pedagóxico e un coñecemento TIC. E lanzaba a primeira das súas filípicas: demasiados cursos de ferramentas pero non do seu uso didáctico, abundando así nas teses formuladas anteriormente. Dicia tamén que "o seu Claustro era o mundo", xa non só os seus compañeiros. É outra frase para a posteridade: "un profesor cun blog non é necesariamento un profesor innovador, é un profesor cun blog". Incendiario como sempre.
Falounos tamén do que é un Edupunk, concepto creado por Jim Groom, ou o lema de "faino ti mesmo", "constrúe os teus materiais", "queima os libros de texto". Non te esteas queixándo sempre da administración, dos alumnos, dos teus compañeiros (canta razón leva nisto...)
Ramón Beltrán calificaba aos alumnos de "sincrónicos" fronte aos "diacrónicos", que seríamos os profesores. Dicía tamén que temos que adaptarnos, que temos a obriga de coñecer o que é o fotolog, que temos que facer cousas novas con ferramentas novas, que necesitamos menos tecnoloxía e máis pedagoxía, que necesitamos poñer a educación de moda, como a alta cociña ou o fútbol.
E entón chegou o que para min foi o "crack" do congreso, Alejandro Piscitelli, un arxentino que subía ao estrado cuns imposibles pantalóns naranxas e pinta de sabio despistado, e abofé que o era. Comezou falando da xeración Einstein, desmontando así esa teoría que circula pola rede onde se quere demostrar que google nos volve estúpidos.
Vivimos, dicía, nuha era de demasiadas posibilidades (algo que facilemente podemos comprobar se pensamos os medios que teñen os nosos alumnos e os que tiñamos nós), e que como docentes debemos constituírnos en operadores da transformación educativa, debemos ser mediadores.
Seguiu falando dun termo moi querido entre os quironianos, como é o da "arquitectura de participación", a "xeración de contidos e relacións", a "sabiduría das multitudes", "a complexización do consumo cognitivo". Puro Chiron.
Dicir tamén que todo o seu parlamento estivo ilustrado por unha presentación espectacular, con fragmentos de vídeo e debuxos animados incluídos.
E nos regalou outro palabro, polo menos descoñecido para min ata agora, a "infoxicación". Calificou a erudición como o "po vello que cae dun libro nun cerebro baleiro". Aí queda iso.
A verdade é que vivimos sobreinformados. Aos nosos alumnos desbórdaos tal cantidade, feito que creo cambia o noso papel tradicional de posuidores, por outro de mediadores, entrenadores, titores da información.
Seguía Alejandro calificando a web 2.0 non só como repositorio de coñecementos, senón tamén como provedor de servizos e usuarios. Segundo palabro: os "prosumidores", palabro que grazas á nosa Polivalente Ana xa coñecía.
Depois chegou o turno para falar da situación no terceiro mundo con respecto ás TIC, e explicou que os maiores obstáculos non eran económicos, dada a baixa xeralizada no custo destes dispositivos, senón razóns de tipo cultural, cognitivas e políticas.
E concluía cos famosos "nativos dixitais", ou sexa, os nosos alumnos, que teñen hoxe en día moitas horas menos de lectura das que tivemos nós, pero moitas máis en outras actividades como a TV, videoxogos, etc, co que se fai necesaria unha reorganización epistémica.
E o certo é que, como apuntaban outros ponentes, o libro é unha "especie protexida", que salva da súa efímera existencia ao que se publica na web (Olga, non deixes que Ariadna se perda no ciberespacio...). E non menos verdade é que ler en Internet require doutras pericias e que a capacidade crítica na rede está moi disminuída. Os lectores de hoxe deben coñecer e usar todos os xéneros discursivos de internet, foros, chats, comentarios... A rede é un mare incognitum, descoñecido, estenso.
Na mesa redonda do venres Santos Urbina falou do ciberplaxio, da xeración "copiar e pegar" que todos coñecemos, do "rincondelvago.com" e de "monografías.com", de que o 75% dos alumnos universitarios admiten ter usado o plaxio nos seus traballos (e tamén falou dun misterioso sofware anglosaxón para detectar as falsificacións)
Rosabel Roig entrou no tema dos OA, obxectos de aprendizaxe, que definiu como "calquera recurso dixital que poida ser utilizado para construír a aprendizaxe".
B. Cebreiro, da USC, contounos unha incrible experiencia do uso das TIC para a educación de discapacitados graves (accidentes de tráfico, etc.). Outra vez volveu insistir sobre a idea de que os mestres xa non somos os posuidores da información, senón xestores, titores, mediadores.
Sobre esa idea insistiu ao final Steve Downes, o gurú canadiense, que en liñas xerais decepcionou.
E remato cunha frase que ben podería ser un lema universal no novo mundo da educación:

"O coñecemento é o único ben que medra compartíndose"






2 comentarios:

Ana dijo...

Un resumen ilustrador de lo que se vivió estos días en varios lugares. En Granada, además del calor y las conferencias que has resumido magistralmente, destacaría el congreso paralelo, el de las cañas y las Alhambras, del fútbol y las risas, ese que no se recoge en las actas.
Enhorabuena por el éxito en las presentaciones y gracias por el esfuerzo que sé que ha supuesto encargarse de todo. Sois los mejores.
Buen verano.

Magister-Διδασκαλος dijo...

Álvaro:
Un resumen perfecto y completísimo. De lo que me perdí, ya no hace falta que busque nada, excepto la conferencia del argentino. A ver si tengo un rato y la veo.
Hemos pasado unas horas estupendas en Santander. Gracias por todo.
Luis.