Acaba de saír o programa do congreso na súa modalidade presencial, onde foron admitidas as 3 ponencias que presentei xunto con vario@s centaur@s.
Trátase dunha comunicación sobre a experiencia dos "2000 anos por correo", outra sobre o "Proxecto Chiron" e unha terceira sobre "Aulas virtuais: deseño de un curso de latín", onde expoño o meu traballo coa plataforma moodle.
Será en Santander o sábado 28 de xuño de 10 a 11 horas, na sesión S28A2, e espero que o doctus magister e o artifex Dedàl estean conmigo no rostra de Santander.
1 comentario:
Es una lástima que no podamos acompañarte todos los que quisiéramos, pero seguro que la representación chironiana deja impresionados a todos los asistentes.
Seguro que todo va a ir muy bien, esperaremos tus noticias.
Publicar un comentario