Quero destacar nesta entrada dúas novas que saíron recentemente publicadas en diversos medios, e que curiosamente non vin recollidas no cada vez máis extenso Planeta de Chiron.
A primeira delas é un artigo publicado no diario El Pais, que recolle un extracto do libro "Roma y los bárbaros", de Terry Jones (Monty Python) e Alan Ereira, onde desmontan a idea de que os bárbaros eran uns salvaxes e Roma significaba a civilización, idea que calou entre nós, afirman, grazas á eficaz propaganda romana. Pode constituír esta lectura un elemento de reflexión nas nosas clases cando explicamos a expansión e conquistas de Roma. Destacaría a interpretación que fan os autores do famoso episodio de Breno e os galos no saqueo de Roma ou as desgraciadas observacións zoolóxicas de César, Estrabón e Plinio. Se pensades que vos pode ser de utilidade podedes descargalo en formato *.pdf
E a segunda é a exposición que prepara o British Museum a partir do 24 de xullo sobre o emperador Hadrián, tal e como nos contaba recentemente o diario El Mundo. Así que se alguén ten previsto viaxar a London este verán, xa ten un aliciente máis para compensar a desafortunada gastronomía local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario