22/9/08

Latín: lingua flexiva en "issuu"

Un dos primeiros temas que nos aparecen nos currículums de 4º ESO e de 1º de bacharelato. Elaborei unha presentación en power point sobre este tema, imprimínna en *.pdf e logo cargueina neste servizo de publicación 2.0. As posibilidades que nos ofrece son máis que interesantes de cara aos traballos propios ou dos nosos alumnos: fácil uso, gratuíto, calidade impecable.

2 comentarios:

xmartins dijo...

Tal e como falamos en Compostela, creo que a estrutura da túa excelente presentación está baseada no mellor libro escolar de Latín escrito no Estado Español: De onte a hoxe. O colectivo Trasancos, co profesor Ferro Ruibal á fronte, fixo un traballo inmenso a prol do ensino do latín en galego.
Un saúdo.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Totalmente de acordo contigo, creo que sempre estaremos en débeda co equipo de "De onte a Hoxe"...!