"Roma. Maio 54. Mediodía. O emperador Claudio presencia os combates dende o alba. O calor empeza a ser perigoso. O pobo abandonou as gradas para ir refrescarse ou comer... Claudio, en cambio, quedou no seu sitio..."
Así comeza o capítulo primeiro do fabuloso Comic Murena, firmado por Jean Dufaux e Philippe Delaby, e que leva por título "A púrpura e o ouro".
Os combates de gladiadores, os problemas sucesorios da dinastía Xulio-Claudia, os barrios baixos da Suburra, as envelenadoras profesionais, as villae da via Flaminia, as termas, os castra Praetoria, as comidas da corte, escravos, libertos, a corte imperial, todo iso e moito máis atoparemos nas páxinas desta (bastante) fiel historia, da que se levan publicados ata o momento 6 capítulos.
Nerón, Acté, Lolia Paulina, Agripina, Palas, Británico, Afranio, os ecos de Suetonio e Dión Casio. Podemos pedir máis?
Podedes ler este artículo de Toni Segarra ou ben esta reseña de Hislibris onde se fai unha acertada referencia as inexactitudes históricas que comparte coa serie Roma.
Para mercalo en liña este enderezo ou este outro.
2 comentarios:
Eu tomei contacto con Murena este verán, por casualidade, xa que non son moi dada a ler comic, a excepción dos histórico. Quedei sorprendida e rematei os volumes que actualmente temos en castelán nunha noite. Continúo desexosa de que saian xa os seguintes tomos (completado o "Ciclo da Nai", toca o "Ciclo da Esposa") es gustoume moito atopa-lo teu artículo. Un saludo.
Moitas grazas pola recomendación. Murena paréceme do mellor publicado nestes tempos! Estoume afeccionando ultimamente aos comics en maior medida relacionados coa temática clásica, e cada vez máis atopo cousas interesantísimas para uso didáctico. Anótome esta novidade, Álvaro. Unha gran aperta.
Publicar un comentario