Dende hai xa varios anos, os meus alumnos de 1º de Bacharelato de latín teñen que ler "obrigatoriamente" unha novela histórica, a escoller entre os exemplares que temos na biblioteca.
Alí poden encontrar varios episiodios das aventuras de Marco Didio Flaco (Lindsay Davis) ou Gordiano el sabueso (Steven Saylor), pasando pola Pompeya de Robert Harris ou Maja Lundgren, o Aníbal de Haefs, Espartaco de Howard Fast, e moitos outros.
O ano pasado empezaron a publicar entradas no blog viam stratam, onde facían unha pequena reseña das súas lecturas.
Onte saíu publicado no suplemento Babelia de El País, unha reportaxe sobre tres novas novelas ambientadas na época romana: Centurión de Simon Scarrow, El águila de la Novena Legión de Rosemary Sutcliff e César, las cenizas de la República, de Gisbert Haefs, que espero poder engadir pronto ás existencias da biblioteca do MGB (con permiso do noso secretario, claro...). Aquí a tedes para descargar en documento *.pdf.
Tamén podedes baixar esta completa recopilación de novela histórica ambientada na antiga Roma, realizada pola Biblioteca de Navarra.O ano pasado empezaron a publicar entradas no blog viam stratam, onde facían unha pequena reseña das súas lecturas.
Onte saíu publicado no suplemento Babelia de El País, unha reportaxe sobre tres novas novelas ambientadas na época romana: Centurión de Simon Scarrow, El águila de la Novena Legión de Rosemary Sutcliff e César, las cenizas de la República, de Gisbert Haefs, que espero poder engadir pronto ás existencias da biblioteca do MGB (con permiso do noso secretario, claro...). Aquí a tedes para descargar en documento *.pdf.
No hay comentarios:
Publicar un comentario