9/2/09

A Odisea 2009 no MGB


Cando xa rematou a primeira fase deste concurso organizado por SeecGalicia (sección galega da Sociedade española de Estudos Clásicos) e a sección da SEEC de Castellón e Valencia, en colaboración con Prósopon-Sagunt e a asociación Ludere et discere, cómpre facer balance do realizado polos nosos alumnos do MGB.
En primeiro lugar creo que esta edición do concurso foi a máis activa e a que máis interese suscitou no alumnado de todas as que se levan celebrado. Foron catro días intensos, de nervios, de alegrías, e claro, dalgunha que outra decepción, sobre todo o último día, o día do preguntón, un obstáculo que tumbou todas as nosas aspiracións, aínda que por moi pouco.
Dixen "a priori" que para min sería un éxito chegar ao día do preguntón, e este ano foron varios os equipos que o conseguiron.
Así pois os meus parabéns e o meu recoñecemento para todos polo voso traballo:
  • A Rita, Cristian e María, 4º da ESO, NIHIL OBSTAT , 74 puntos, que só fallaron unha pregunta, confundindo a Artemidoro con Apolodoro (senón a fallasen estarían agora disputando o desempate!)
  • A Helena e Lara, de 4º da ESO, CÁRITES, 68 puntos, fallaron algunha pregunta máis, pero foron as segundas do MGB!
  • A Andrea e Paula, de 1º de Bacharelato, NEREIDAS, 62 puntos, terceiras polo tanto do MGB.
  • A Miriam e Cristina, de 4º de ESO, TEGIEL, 62 puntos, compartindo ex aequo a terceira praza.
  • A Marta e Alba, de 4º de ESO, ALEA, 62 puntos, empatadas cos anteriores.
  • A Siara e Estefanía, AS PARCAS, de 1º de Bacharelato, 56 puntos.
  • A Alba, Melisa e Raquel, AS MÉNADES, de 1º de Bacharelato, 48 puntos.
  • A Gabriel e Eva, FORUM, de 1º de Bacharelato, 44 puntos.
  • A Priscila, Laura e Miriam, FLEETING GLIMPSE, 42 puntos.
  • A Lorena, Óscar e Bárbara, BLAH, 41 puntos.
  • A María, Ángela e Tamara, MULSUM, 33 puntos.
  • A Chus, Eva e Noelia, EL TRÍO ODISEA, 27 puntos.

Grazas a tod@s!

O ano que vén si que o conseguiremos!!

3 comentarios:

Ana Ovando dijo...

Esos chavales de 4º suben con fuerza, habrá que estar atentos a ellos. Enhorabuena desde Benicàssim, porque responder tantas correctamente tiene mucho, mucho mérito. Seguro que el año próximo llegan a la final y, quizá, se enfrenten con alguien de por aquí.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Gracias Ana!

Miriam dijo...

Foi unha experiencia moi bonita. Aprendimos moitas cousas gracias ó concurso da Odisea. Os tres primeiros días as preguntas fóronse levando xa que non tiñan a mesma complicación cas do preguntón, que foron as que máis nos custaron, xa que pasamos seis horas buscando e tres preguntas foron respondidas incorrectamente porque estabamos cansas de buscar tanto e non encontrar nada. Polo demáis, foi unha experiencia que nos gustaría volver a repetir para o ano que ven.


Miriam Reboredo e Cristina Salgado (Tegiel)