14/6/09

Arde Lucus 2009


Como reza no cartel oficial, dende o 26 ata o 28 e xuño celebrarase en Lugo unha nova edición do Arde Lucus, unha festa de recreación histórica do pasado romano e castrexo da cidade, e que tivemos ocasión de coñecer de primeira man o pasado ano, dentro do proxecto dos 2000 anos por correo.
Se queres ir este ano e aínda non tes o "modeliño" preparado, non hai problema. Visita esta galería de imaxes elaborada pola asociación cultural Debonxe, promovida por un grupo de mestres que traballan cos reclusos do centro penitenciario lucense, elixe o que máis che guste e pídeo por correo-e.
Os traxes andan polos 30€, as sandalias 50€ e as courazas poden chegar aos 80€.
Todo este traballo será presentado nunha obra de teatro no centro penitenciario o vindeiro 24 de xuño. O título?
Unha de romanos.

* Noticia aparecida no Diario El País Ed.Galicia 12/6/2009

3 comentarios:

Ana dijo...

¡Qué hermosos recuerdos me trae este artículo! ¿Ya ha pasado un año? Uf, me hago vieja sin darme cuenta.
Si vas, ya nos cuentas e ilsutras lo que nos perdemos.

Susana Losada dijo...

Que idea tan boa tiveron en Bonxe!. E que ben que nos pases a noticia (aínda que son lectora de EL País, non a lin). A ver se o ano que ven me animo cos meus alumnos a ir ao festorro a Lugo

Arde Lucus 2009 dijo...

Podedes consultar o programa detallado de Arde Lucus 2009 por días e tamén descargalo en PDF en http://www.lugotur.com/ardelucus