Este é o título dunha nova presentación sobre o tema que acabo de subir ao grupo de Chiron en SlideShare (para os que queiran descargar o arquivo, está realizada co programa Keynote, o powerpoint de Apple). Sempre que puiden utilicei imaxes procedentes da Galería de Chiron, moitas delas da fantástica colección de Sebastià Giralt.
Trata dos diferentes tipos de ritos funerarios en Roma, da actitude dos romanos cara á morte, da morte en internet... Ten varias ligazóns activas que abren páxinas como esta da Wikiquote, onde se recollen moitos epitafios famosos (algúns de ilustres personaxes gregos e latinos), ou curiosas iniciativas actuais que se poden atopar na rede...
Aquí vos queda tamén un artigo periodístico aparecido no diario El País que trata da apertura dun museo en Barcelona sobre o mundo funerario romano e unha gran presentación sobre "O máis alá dos romanos", personificado na aventura de Eneas no Hades, no blog O Olmo dos falsos soños, de J. M. Otero.
1 comentario:
Fantástico!! eu, a verdade, tiven a mesma idea, pero non colguei a miña presentación porque non a tiña lista para o día de difuntos (seica agora lle chaman Halloween!). Colgareina o ano que ven e na parte latina porei un enlace a túa , porque non tiña pensado facela tan completa. Parabéns
Publicar un comentario